Juan Joaquín Otero Pérez, nado en Vilagarcía de Arousa cara 1893 e finado no mesmo concello o 21 de setembro de 1970,La Voz de Galicia, 22-9-1970, p. 10. foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria Estudo no Colexio Minerva de Vigo, onde colaborou en La Concordia e Noticiero de Vigo. Emigrou a Cuba nos primeiros anos do século XX. Foi xefe de redacción de Eco de Galicia (1919-1920) e Heraldo de Galicia e subdirector de Carteles. Publicou poemas en Galicia, Voz Astur, Galicia Gráfica, Alma Gallega, Ecos de España, Carteles e Cuba y España e colaborou en El Progreso. Foi presidente do Club de Leones da Habana e tesoureiro do Instituto Cubano de Cultura Hispánica. En 1955 recibiu a Orde de Isabel la Católica. Residiu no poboado de Güines. Usou o pseudónimo Juan Joaquín. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Regresou a España en abril de 1958.
Obras miniatura|200px|Joaquín Otero, retrato en Vida Gallega, 1921. Ella... Páginas de amor y de dolor, 1921. Palabras de un león, 1943. Ideas sobre España y América. La labor de España en el continente americano, 1955. Pinceladas humorísticas, 1959.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Xornalistas na Historia de Vilagarcía de Arousa
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Vilagarcía de Arousa Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega