A Rus de KíivÁs veces dise tamén en masculino, o Rus de Kíiv. (en , "Kiivska Rus"; en , "Kievskaia Rus"; en , "Kieǔskaja Rus") ou Rus' de Kíiv,Segundo se utilice, ou non, o signo ruso e ucraíno ь (no caso de facer uso del, utilízase o apóstofo [']). Moitos idiomas que se escriben con caracteres latinos utilízano: por exemplo, croata, Kijevska Rus'; francés Rus' de Kiev; inglés Kievan Rus'; italiano, Rus' di Kiev; portugués, Rus' de Kiev). foi unha federación de tribos eslavas orientaisJohn Channon & Robert Hudson, Penguin Historical Atlas of Russia (Penguin, 1995), p. 16. desde finais do século IX até mediados do século XIII,Kievan Rus, Encyclopædia Britannica Online. baixo o reinado da dinastía Rúrika.
Os estados modernos de Belarús, Ucraína e Rusia reivindican o Rus de Kíiv como legado cultural.
Este Estado alcanzou a súa maior extensión a mediados do século XI. Daquela estendíase dende o mar Báltico no norte até o mar Negro no sur, e dende a cabeceira do río Vístula no oeste até a península de Tamán, no actual krai de Krasnodar (Rusia) no leste,Kyivan Rus’, Encyclopedia of Ukraine, vol. 2 (1988), Canadian Institute of Ukrainian Studies.See Historical map of Kievan Rus' from 980 to 1054. co que unía a maioría das tribos eslavas orientais.
A Rus de Kíiv comezou co reinado do príncipe Oleg de Nóvgorod (ca. 882–912). Oleg estendeu o seu control desde Nóvgorod até o val do río Dniéper co fin de protexer o comercio das incursións kházaras no leste, e trasladou a súa capital, Nóvgord, a Kíiv, máis estratéxica.
Sviatoslav I de Kíiv (?-972) levou a cabo unha grande expansión territorial da Rus de Kíiv. Vladimir o Grande (980–1015) introduciu o cristianismo co seu propio bautismo e, por decreto, a toda a poboación de Kíiv e alén. A Rus de Kíiv alcanzou a súa maior extensión baixo Iaroslav I o Sabio (1019–1054). A súa descendencia preparou e publicou o primeiro código legal escrito, o Rússkaia Pravda, pouco despois da súa morte.Bushkovitch, Paul. A Concise History of Russia. Cambridge University Press. 2011.
O declive do Estado empezou a finais do século XI, e durante todo o século XII foise desintegrando en varios poderes rexionais rivais.Paul Robert Magocsi, Historical Atlas of East Central Europe, 1993, p. 15.
Amais da fragmentación territorial, a Rus debilitouse aínda máis por causas económicas como o colapso das relacións comerciais con Bizancio pola decadencia de Constantinopla e a subseguinte diminución das rotas comerciais entre as tribos varegas e Grecia no seu territorio.
O Estado caeu finalmente coa invasión mongol de Rusia en 1240.
Orixes da Rus de Kíiv De acordo coa Crónica de Néstor, a máis antiga da Rus, un varego chamado Hrörekr (Rúrik, en ruso), O Falcón,En idioma serbo-lucitano Rurk é falcón. Tamén Rarog na mitoloxía eslava é un falcón de fogo. Aos obodritas, confederación de eslavos do mar Báltico, chamábanos asé mesmo Reregi, e a súa capital, Rerik. Moedas medievais encontradas en Rusia levan o símbolo que actualmente usa a República de Ucraína, que representa un falcón caendo sobre a súa presa; ese era o emblema da dinastía ruríkida dos eslavos bálticos. Ademais, o falcón é o motivo folclórico eslavo por antonomasia. Aínda hoxe en Polonia, na República Checa e en Eslovaquia utilízanse os nomes Rérik e Rírik, absolutamente autóctonos. estabeleceuse na cidade de Nóvgorod. Foi elixido líder por varios pobos eslavos e fineses) contra o ano 860, antes de trasladarse ao sur e estender a súa autoridade a Kíiv.
A Crónica refírese a el como o patriarca da dinastía Rúrika.
Di así:Traducido desde o castelán
miniatura|250px|Mapa da Rus de Kíiv, século XI.
Estes pobos asentáronse primeiro nas proximidades do lago Ládoga. Posteriormente trasladándose a Nóvgorod e chegaron finalmente a Kíiv, onde acabaron co tributo que a poboación da cidade lle pagaba ao pobo kházaro.
A Rus de Kíiv foi fundada polo príncipe Oleg de Kíiv (chamado Helgu nas crónicas kházaras) contra o ano 880. Durante os seguintes trinta e cinco anos, Oleg e o seu exército dominou distintas tribos eslavas e finesas. En 907, Oleg dirixiu un ataque contra Constantinopla e, en 911, asinou un tratado comercial co Imperio bizantino en igualdade de condicións. O novo Estado de Kíiv prosperou polo seu control sobre a rota desde o mar Báltico até o mar Negro e a Oriente, amais de pola súa exportación de peles, cera de abella e mel.
Debido á tendencia favorábel a Escandinavia na Primeira Crónica Rusa ou Crónica de Néstor, nalgúns documentos eslavos tense discutido o papel dos pobos varegos no estabelecemento da Rus de Kíiv. Durante o reinado de Sviatoslav I de Kíiv (945-972) adoptouse a relixión ortodoxa e os nomes eslavos, mais a súa druzhina seguiu formada principalmente por pobos escandinavos.
As conquistas militares de Sviatoslav infrinxiron impactos mortais aos seus dous veciños máis poderosos, Khaganato kházaro e o Imperio búlgaro, que caeron pouco despois das súas incursións.
A idade de ouro da Rus de Kíiv miniatura|250px|Mapa dos principados da Rus de Kíiv (1054-1132).
A rexión de Kíiv dominou o estado durante os seguintes dous séculos. O gran príncipe de Kíiv (veliki knyaz) controlaba as terras arredor da cidade, e membros da súa familia, en teoría subordinados a el, gobernaban outras cidades e pagábanlle tributos. O seu apoxeo chegou durante os reinados do príncipe Vladimiro I de Kíiv ou Vladimiro o Grande (980-1015) e Iaroslav I o Sabio (1019-1054). Ambos continuaron a expansión do principado que comezara Oleg.
Vladimir chegou ao poder tras a morte de seu pai Sviatoslav I de Kíiv en 972, ao derrotar ao su medio irmán Iaropolk en 980. Como príncipe de Kíiv, o maior logro de Vladímir foi a cristianización da Rus de Kíiv que emprendeu en 988. A Crónica indica que cando Vladimir aceptou a fe cristiá E a obrigar mediente decreto a conversión dos seus súbditos. sobre o paganismo idólatra eslavo, mandou algúns dos seus conselleiros e guerreiros máis achegados a distintos países de Europa.
Tras visitaren territorios do cristianismo occidental, do xudaísmo e do islam, chegaron a Constantinopla. Alí causoulles gran abraio a catedral de Santa Sofía (Άγια Σοφία. Hahía Sophía) e os seus servizos litúrxicos. Nese momento, decidiron que esa sería a fe oficial do Estado kievano. Tras o seu regreso, convenceron a Vladímir de que a fe grega era a mellor opción. Vladímir, entón, emprendeu unha viaxe a Constantinopla, onde casaría coa princesa Ana, irmá do emperador bizantino Basilio II.
A opción polo culto oriental tamén reflectiu posibelmente os vínculos estreitos con Bizancio, que dominaba o mar Negro e, por ende, a rota comercial máis importante para Kíiv: o río Dniéper. A adhesión á Igrexa Ortodoxa oriental tivo importantes consecuencias políticas, culturais e relixiosas a longo prazo. A igrexa tiña unha liturxia escrita en cirílico e unha colección de escrituras traducidas do grego para os pobos eslavos.
A existencia desta literatura facilitou a conversión ao cristianismo dos eslavos orientais e iniciounos nunha rudimentaria filosofía grega, na ciencia e na historiografía sen necesidade de aprenderen grego antigo, a diferenza da poboación culta da Europa Occidental e Central, que continuaba empregando o latín. Este feito, xunto coa independencia da autoridade romana, fixeron que os pobos eslavos orientais desenvolvesen unha literatura propia e unhas belas artes substancialmente distintas das encontradas noutros países ortodoxos.
Iaroslav O Sabio pugnou cos seus irmáns polo poder. Aínda que logrou impoñerse en Kíiv no ano 1019, non foi recoñecido en todo o principado até 1036. Como Vladímir, Iaroslav o Sabio preocupouse por emprender relacións amistosas co resto de Europa. Iaroslav casou tres das súas fillas con príncipes estranxeiros exiliados, que viviron no seu palacio: Elizaveta con Harald III de Noruega (polas súas fazañas militares no Imperio bizantino); Agmunda co futuro André I de Hungría, e a menor, Ana de Kíiv, con Henrique I de Francia, quen foi rexente nese país durante a minoría de idade do seu fillo. Outra filla talvez foi Águeda de Kíiv, que casou con Eduardo o Exiliado, herdeiro do trono de Inglaterra, e que foi nai de Edgar Atheling e Santa Margarida de Escocia. A súa filla máis vella, Dobroniega (segundo outras fontes, a súa irmá), contraeu matrimonio con Casimiro I o Restaurador, rei de Polonia. Unha neta de Iaroslav, Adelaida, filla do seu fillo Vsévolod I de Kíiv, casou con Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Iaroslav tamén pactou matrimonios para a súa irmá e as tres fillas dela cos reis de Polonia, Francia, Hungría e Noruega. Mandou construír en Kíiv o primeiro grande edificio do principado, a Igrexa Desiatínnaia, así como a Catedral de Santa Sofía de Kíiv e a Catedral de Santa Sofía de Nóvgorod. Patrocinou o clero autóctono e o monacato, ademais de serlle atribuída a fundación dun sistema educativo. Os fillos de Yaroslav levantaron o gran Mosteiro das Covas de Kíiv, que funcionou como academia eclesiástica.
Decadencia: o apoxeo dos centros rexionais miniatura|250px|Impartindo xustiza na Rus de Kíiv.Pintura de Ivan Bilibin.
A Rus de Kíiv non conseguiu manter o seu status de potencia próspera e dominante, en parte polo aglutinamento de dominios moi dispares rexidos por un clan. A medida que os membros do clan foron crecendo en número, identificáronse máis cos intereses rexionais que cun patrimonio común máis grande. Así, os príncipes enfrontáronse entre si, e en ocasións formaron alianzas con grupos externos, como o pobo polaco ou o pobo maxiar. Durante o período 1054-1224, polo menos 64 principados tiveron unha existencia efémera, 293 príncipes reivindicaron dereitos sucesorios e as súas disputas provocaron 83 guerras civís.
As cruzadas causaron cambios nas rotas comerciais europeas, o que acelerou o declive de Kíiv. En 1204, as forzas da Cuarta Cruzada saquearon Constantinopla, co que conseguiron a decadencia da rota comercial do Dniéper. Kíiv escindiuse en varios principados e algúns centros rexionais, como a república de Novgorod, o Gran Ducado de Vladimir ou os principados de Galicia-Volinia, Polotsk, Smolensk, Chernigov e Pereiaslav.
A poboación destes centros evolucionaría en tres nacionalidades: ucraína no sueste e suroeste, belarusa no noroeste e rusa no norte e nordeste.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Belarús Historia de Ucraína Pobo rus' Dinastía Rurícovich
Ligazóns externas Historical map of Kiev Rus' from 980. to 1054. Historical map of Rus'-Ukraine from 1220. to 1240. Rus', Encyclopedia of Ukraine Ancient Rus: trade and crafts
Categoría:Estados da Idade Media