Schweppes (pronunciado /ˈʃwɛps/) é unha marca de bebidas con gas. Schweppes vende baixo a súa marca refrescos, sendo o máis coñecido a tónica.
Historia O alemán Jacob Schweppe creou en Londres no 1783 o primeiro procedemento comercial industrial para o envasado de refrescos con gas carbónico. En 1957 a empresa chega a España. En 1969 a multinacional británica Cadbury mercou Schweppes. En 1984 o grupo francés Pernod Ricard mercou Orangina. En 1998, Cadbury Schweppes cedeu a Coca-Cola os dereitos da marca en todo o mundo agás Estados Unidos, Francia e Suráfrica, por 1.850 millóns de dólares. En 2001 Cadbury Schweppes merca a empresa Orangina. A Comisión Europea obrigou a excluír do acordo con Cadbury os mercados da Unión Europea a excepción de Gran Bretaña, Irlanda e Grecia. En 2001 Cadbury mercou La Casera. En 2005 Cadbury vendeu a Blackstone e Lion Capital a empresa en Europa por 1.850 millóns de Euros. A xaponesa Suntory mercou o grupo Orangina Schweppes en 2009. Dende 1999 Coca-Cola ten a propiedade en Europa da marca só en Gran BretañaSchweppes contra Schweppes. Cinco Días.
Schweppes en Galiza A fábrica de Schweppes en Arteixo pechou en 2009El cierre de la fábrica de Schweppes en Arteixo afectará a 46 empleados. ABC.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Coca Cola
Ligazóns externas Páxina web de schweppes .
Categoría:Bebidas refrescantes