Cidadán Benemérito da Liberdade e da Xustiza Social João Mangabeira (en ) é a máis alta condecoración concedida pola Asemblea Lexislativa do Estado de Baía, no Brasil. O seu nome homenaxea a João Mangabeira, xurista e parlamentario baiano que se distinguiu na defensa do estado democrático de dereito.

Historia O título foi creado a partir da Resolución 1.222 de 1993, sendo o máis antigo da Asemblea Lexislativa do Estado de Baía. Pretende recoñecer brasileiros "dedicados ás causas nobres, humanas e sociais que teñan resultado no desenvolvemento político e socio-económico do Brasil, mellorando significativamente a vida das persoas".

O primeiro galardoado foi o político comunista baiano, Fernando Sant'Anna, en 2005, en ocasión da conmemoración dos seus 90 anos de idade. Condecorado aos 44 anos de idade, o avogado e profesor universitario Taurino Araújo é o máis novo entre os Cidadáns Beneméritos.Ex-alumno da UESC agraciado co título de Cidadán Benemérito

Galardoados Ao longo da súa existencia, mereceron a distinción os seguintes baianos:

Carlos Alberto Dultra Cintra, expresidente do Tribunal de Xustiza do Estado de Baía. Fernando dos Reis Sant'Anna, ex-deputado federal constituínte. Francisco Waldir Pires de Souza, ex-gobernador e exministro. Haroldo Borges Rodrigues Lima, ex-deputado federal constituínte, expresidente da ANP. João Carlos de Castro Cavalcanti, xeólogo e empresario, responsable do descubrimento do depósito ferrífero de Caetité. Jorge Amado, escritor brasileiro (post mortem). Taurino Araújo Neto, avogado, articulista e profesor. Renato Rabelo, político e presidente nacional do PCdoB. Carlos Geraldo D’Andrea Espinheira, sociólogo, escritor e profesor brasileiro. José Álvaro Fonseca Gomes, farmacéutico, banqueiro, Secreterio de Traballo, Emprego, Renda e Deporte do Estado de Baía. Nailton de Araújo Santos, empresario.

Notas

Categoría:Ordes, condecoracións e medallas do Brasil