José Rodríguez Seoane, nado en Pontevedra en 1839 e finado en Madrid o 27 de agosto de 1860,La Correspondencia Gallega, 28-8-1899, p. 3. foi un escritor galego.

Traxectoria Fillo de Luís Rodríguez Garea. Foi un dos redactores do periódico pontevedrés El País (1857) e colaborou en La Correspondencia de España. En 1858 dedicouse a localizar nos arquivos de Madrid as obras completas do Padre Sarmiento.La Discusión, 11-11-1858, p 2. Rematou a carreira diplomática e recibiu o título de Arquiveiro-Bibliotecario. Dispúñase a rematar os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid,El Regional, 17-2-1891, p. 1. cando finou de febre tifoide. A súa obra foi recompilada no volume Artículos y Novelas (1889) cun prólogo do seu irmán Luís Rodríguez Seoane (tomo XXI da Biblioteca Gallega).

Obras Viajar de incógnito, 1860.Viajar de incógnito

Notas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Pontevedra Categoría:Arquiveiros de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1839 Categoría:Finados en 1860

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos