Frederich Meshilem Meier Weisenfreund, coñecido como Paul Muni, nado en Lviv o 22 de setembro de 1895 e finado en Montecito, California o 25 de agosto de 1967 foi un actor estadounidense.

Traxectoria Nado na rexión austrohúngara de Galicia, hoxe en Ucraína, emigrou coa súa familia aos Estados Unidos de América en 1902, establecéndose en Chicago.

Comezou a súa carreira de actor no teatro yiddish de Chicago xunto cos seus pais. Tras ser citado en 1925 nun artigo do New York Times destacando as súas interpretacións, ao anos seguinte debutou en Broadway, na obra We Americans, na que por primeira vez actuou en inglés.

En 1929 foi contratado pola Fox, iniciando a súa carreira cinematográfica. Trala súa segunda candidatura ao Oscar, por I Am a Fugitive from a Chain Gang asinou un contrato coa Warner Bros..

En 1936 gañou o Oscar ao mellor actor por The Story of Louis Pasteur, o primeiro dos seus filmes biográficos. Porén, continuou actuando no teatro, obtendo grandes éxitos.

Aos 59 anos diagnosticáronlle un tumor no ollo esquerdo, que lle foi extraído. Pouco despois volveu á obra que estaba a protagonizar, Inherit the Wind. Retirouse do cine en 1959 por mor dos seus problemas de saúde, mais seguiu actuando na televisión ata 1962.

Filmografía Ano Filme1929 The Valiant Seven Faces 1932 Scarface I Am a Fugitive from a Chain Gang 1933 The World Changes 1934 Hi, Nellie! 1935 Bordertown Black Fury Dr. Socrates 1936 The Story of Louis Pasteur 1937 The Good Earth The Woman I Love The Life of Emile Zola 1939 Juarez We Are Not Alone 1941 Hudson's Bay 1942 Commandos Strike at Dawn |- |1943 | Stage Door Canteen |- |rowspan=2|1945 | A Song to Remember |- | Counter-Attack |- |1946 | Angel on My Shoulder |- |1952 | Imbarco a mezzanotte |- |1959 | The Last Angry Man''

Véxase tamén Ligazóns externas

Fotos de Paul Muni Fotografías e textos

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Lviv Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia austríaca Categoría:Óscar ó mellor actor