Enrique Pereira Borrajo, nado en 1868 e finado en Vigo o 27 de decembro de 1967, foi un avogado, empresario e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|350px|De pé, de esquerda a dereita: Humberto Cuíñas, Rafael Fuembuena, Blas Agra Mancebo, Miguel de Zárraga, Luis Suárez Gutiérrez, Eugenio Fernández Leis e Julián García Larrú. Sentados Enrique Pereira Borrajo, Miguel Fernández Lema, Emilio Rodal e Antonio Fernández Arreo. Asociación da prensa de Vigo, 1909. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1892). Foi director de La Vanguardia e colaborou en Faro de Vigo. Foi un dos fundadores da Asociación da Prensa de Vigo. Foi oficial do concello e concelleiro de Vigo. Foi axente de seguros e presidente da Cámara da propiedade Urbana de Vigo. Finou en Vigo o 27 de decembro de 1967.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 30-12-1967, p. 4.

Vida persoal Casou en Vigo con Asunción García en 1903.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela