Ángel Campos Varela, nado en Cerdedo o 20 de xaneiro de 1891 e finado en Vigo o 20 de xuño de 1954, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Nado en Cerdedo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1918). Foi Xuíz municipal de Cerdedo (1922) e ocupou interinamente o cargo de secretario da Audiencia de Pontevedra (1925). Foi concelleiro de Vigo na ditadura de Primo de Rivera. Presidente da Sociedade de Agricultores de Coruxo, nas eleccións do 12 de abril de 1931 foi proclamado concelleiro como candidato monárquico, aínda que despois figurou como agrario independente. Apoiou a elección do socialista Emilio Martínez Garrido como alcalde e foi elixido primeiro tenente de alcalde. Logo da suspensión de Martínez Garrido polo Gobernador civil, o 9 de marzo de 1934 foi nomeado alcalde, e permaneceu na presidencia da corporación ata a folga xeral revolucionaria de 1934. Volveu ser alcalde de Vigo a finais de decembro de 1935, cando o Gobernador civil destituíu a Emilio Salgado Urtiaga.

Vida persoal Casou en Vigo con Rosa Cerqueira Domínguez en 1923.El Eco de Santiago, 28-9-1923, p. 2.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xuíces de Galicia Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1954