O Espeleo Club Aradelas é un club de espeleoloxía de Vigo, fundado en xuño de 1985, que ten como propósito a práctica e difusión da espeleoloxía deportiva. Forma parte da Federación Galega de Espeleoloxía. Fundárono varios membros das seccións de espeleoloxía de clubs de montaña de Vigo e Ourense. O club toma o seu nome da sima de Aradela(Campelo, na serra do Courel), a máis fonda de Galicia, explorada poucos anos antes por varios dos socios fundadores. Véxase tamén Ligazóns externas https://espeleoclubaradelas.com/

Categoría:Clubs de montañismo de Galicia Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes Categoría:Deporte en Vigo