Gonzalo Gurriarán Gurriarán, nado no Barco de Valdeorras o 25 de abril de 1904 e finado en Igualada o 16 de xuño de 1975La Voz de Galicia, 12-6-1976, p. 17., foi un médico galego casado con Pilar Rodríguez Arias e tivo 5 fillos: María Pilar, Gonzalo, Luis Manuel, Ricardo e José.
Traxectoria Estudou Medicina en Salamanca e na Universidade Central de Madrid. Viviu na Residencia de Estudiantes mentres facía a carreira, o doutoramento e completaba o servizo militar, e alí coñeceu a Federico García Lorca e Juan Negrín, cos que estableceu unha amizade duradeira. Realizou varias estadías de investigación no estranxeiro, sobre todo en Estrasburgo, e defendeu a súa tese de doutoramento, titulada Estudios experimentales sobre la obtención de la úlcera crónica gastroduodenal. En 1932 a Academia Nacional de Medicina concédelle o premio bianual de investigación Rodríguez Abaytua, que tamén recibiu en 1934. En 1935 integrouse no equipo do doutor Negrín. En 1936 foi nomeado Xefe Provincial de Sanidade de Madrid.
A sublevación do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno no Barco. Estivo agochado un tempo e despois serviu como médico na fronte de Madrid nas tropas de Franco. Ao rematar a guerra abríronlle un expediente de depuración, e non puido exercer a profesión na sanidade pública ata 1948, cando obtivo unha praza de médico en Sobradelo de Valdeorras. Despois abriu unha clínica cirúrxica no Barco.
En 1944 creou o Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia, que servía tamén para protexer as súas visitas á montaña da constante vixilancia da Garda Civil e dos falanxistas. Impulsou a construción do refuxio de Fonte da Cova, dotou o local social do Barco dunha biblioteca con libros de montañismo, xeoloxía, flora, historia e xeografía de Galicia e promoveu actividades relacionadas coa reforestación da serra e a sensibilización sobre a masa arbórea en extinción. Dirixiu a primeira e única selección galega de esquí, que debutou na serra de Guadarrama.
Morreu en Igualada vítima dun accidente de tráfico durante unha viaxe en xuño de 1975.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Médicos do Barco de Valdeorras Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes