Schorndorf é unha cidade alemá, pertencente ao estado federal de Baden-Württemberg. Está situada a uns 30 km de Stuttgart e ten 38.281 habitantes (censo 2012), contando cunha densidade de poboación de 673 habitantes por km².
Xeografía A cidade está situada na profundidade do val do Rems, ademais de estar rodeada polos montes Schurwald (ao sur), Berglen e Welzheimer (ao norte). Das montañas do norte veñen dous afluentes pequenos do Rems, o Schornbach e máis o Wieslauf. O Rems cruza Schorndorf do leste ao oeste deixando a cidade vella ao sur.
Cidades lindeiras, enunciadas no sentido do reloxo e comezanto polo oeste, son: Winterbach, Remshalden, Berglen, Rudersberg, Welzheim, Urbac, Adelberg, Wangen e Uhingen, así como Lichtenwald.
A cidade está formada pola Kernstadt (centro) e outros sete distritos ou barrios, que son Buhlbronn, Haubersbronn, Miedelsbach, Oberberken, Schlichten, Schornbach und Weiler/Rems. Estes barrios están subdivididos noutras zonas máis pequenas e coñecidas con outros nomes.
Goberno municipal Nas eleccións municipais do 7 de maio de 2009, nas que houbo unha participación do 47,77%, os 32 escanos repartíronse da seguinte maneira: CDU 9 escanos (27,95%), SPD 9 escanos (26,42%), FDP-FW 8 escanos (24,71%), Grüne 5 escanos (15,11%) UB 1 escanos (5,81%).
Véxase tamén
Ligazóns externas Información sobre o barrio Schlichten e o Nassachtal Visita de esculturas Schorndorf
Categoría:Cidades de Baden-Württemberg