Francisco Agustín Juan Búa Carou, nado en Caldas de Reis o 3 de agosto de 1888 e finado en Pamplona o 10 de xuño de 1940, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria Fillo de José Búa Pintos. Foi secretario dos concellos de Portas (1916) e Tomiño (1925), pasou despois ao do Rosal (1927). Militante do PSOE. Chegou a Cangas de Morrazo en marzo de 1936 en comisión de servizos para substituír o secretario accidental Jesús Cordeiro que fora suspendido de emprego e soldo pola Xestora da Frente Popular por irregularidades, converténdose en secretario interino do concello de Cangas.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido acusado de auxilio á rebelión militar. Foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra xunto ao alcalde de Cangas Agustín Jorge Etcheverri o 19 de setembro, e condenado a cadea perpetua. Ingresou no lazareto da illa de San Simón o 14 de outubro e o 14 de maio de 1937 foi trasladado ao Forte de San Cristovo en Navarra, onde morreu vítima dunha enfermidade o 10 de xuño de 1940.Fondo Documental de la Memoria Histórica en Navarra Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Bua en Xenealoxía.org
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos