Anne Baxter, nada en Michigan City, Indiana o 7 de maio de 1923 e finada en Guilford, Nova York o 12 de decembro de 1985, foi unha actriz estadounidense.

Traxectoria Baxter era filla de Kenneth Stuart Baxter e Catherine Wright. O seu avó materno era o arquitecto Frank Lloyd Wright. Aos dez anos viu en Broadway unha obra con Helen Hayes e quedou tan impresionada que anunciou á súa familia que quería ser actriz. Tres anos despois xa actuaba en Broadway e estudaba con Maria Ouspenskaya.

Aos dezaseis anos conseguiu un contrato de sete anos coa 20th Century Fox. En 1946 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria polo seu papel en The Razor's Edge.

En 1950 coprotagonizou con Bette Davis Todo sobre Eva, na que interpretaba o papel de Eve Harrington. Anos despois interpretaría o papel de Margo Channing na versión musical do filme en Broadway.

A partir dos anos sesenta converteuse nunha presenza habitual na televisión, con papeis en series como o da malvada "Zelda the Great" en Batman ou en Ironside. O seu último papel foi na serie Hotel, substituíndo a Bette Davis.

Finou en 1985 vítima dun aneurisma cerebral.

Filmografía Ano Filme194020 Mule Team The Great Profile 1941Charley's Aunt Swamp Water 1942The Pied Piper The Magnificent Ambersons 1943Crash Dive Five Graves to Cairo The North Star 1944The Fighting Sullivans The Eve of St. Mark Sunday Dinner for a Soldier Guest in the House 1945A Royal Scandal 1946Smoky Angel on My Shoulder The Razor's Edge 1947Blaze of Noon 1948Homecoming The Walls of Jericho The Luck of the Irish Yellow Sky1949You're My Everything 1950A Ticket to Tomahawk Todo sobre Eva 1951Follow the Sun 1952The Outcasts of Poker Flat My Wife's Best Friend 1953I Confess The Blue Gardenia 1954Carnival Story 1955Bedevilled One Desire The Spoilers 1956The Come On The Ten Commandments A lei dos fortes 1958Chase a Crooked Shadow 1959Summer of the Seventeenth Doll 1960Cimarron 1962Mix Me a Person A gata negra 1965The Loner1966Seven Vengeful Women 1967The Busy Body 1971Fools' Parade The Late Liz 1979Nero Wolfe 1980Jane Austen in Manhattan

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anne Baxter en Virtual History

Categoría:Actores de Indiana Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de LaPorte, Indiana Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa