O Centro Cultural e Deportivo de Curtis é un club de fútbol do concello de Curtis, na provincia da Coruña. Fundado en 1967 xoga como local no Campo Lucas Vázquez e compite na Segunda Galicia.El pleno de Curtis aprobará hoy dar el nombre de Lucas Vázquez al campo de fútbol .laopinioncoruna.es

Historia

As orixes do fútbol en Curtis están en 1934, cando un equipo da localidade gañou unha competición ao desaparecido Compostela Sociedad Cultural. Na década de 1940 o equipo xogaba no Campo da Feira, actual Campo da Festa.

En 1967 nace o actual club. Nos comezos as cores do equipo eran a vermella e a branca en franxas verticais. Deseño que variaría cos anos a outro axadrezado cas mesmas cores vermella e branca. Na década de 1970 o club mercoulle a Tomás do Santo un prado no lugar de Bodeus por 50.000 pesetas. Así nacía o Campo Novo, que en 2016 pasou a levar o nome de Lucas Vázquez na honra do internacional madridista nacido en Curtis.

En novembro de 2010 inaugurouse o campo de herba artificial nun partido entre os veteranos do Deportivo da Coruña e unha selección de xogadores dos cinco equipos federados de Curtis. Este foi o primeiro partido en que xogaron xuntos xogadores de todo o concello. Arsenio Iglesias fixo o saque de honra"Inauguración del campo de fútbol de Curtis" , artigo en El Correo Gallego, 3 de outubro de 2010 ..

Himno

Campo novo de Curtis 250px Superficie Herba artificialMedidas 92 m x 65 m Equipo local CCD Curtis

Para a celebración dos 45 anos do club o músico e artista Xosé Casal de Vilasantar creou o himno. Datos do club Historial na liga TempadaCategoríaPosto2014/153ª Autonómica6º2015/163ª Autonómica8º2016/173ª Autonómica14º2017/183ª Autonómica2º2018/193ª Autonómica2º2019/203ª Autonómica7º2020/213ª Autonómica2021/223ª Autonómica11º2022/233ª Galicia7º2023/243ª Galicia5º2024/253ª Galicia 10px2025/262ª Galicia15º2026/272ª Galicia—

Galería de Imaxes

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas C.C.D.Curtis - 45 ANIVERSARIO 15 min 25 seg

Categoría:Deporte en Curtis CCD Curtis