Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 821 habitantes (412 mulleres e 409 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 981 habitantes.

Xeografía A parroquia de Caión limita con Arteixo polo leste e con Carballo polo oeste. Está, xa que logo, illada do resto do concello da Laracha mais non chega a constituír un exclave, por mor dun estreito corredor de 900 metros de longo e 6 de ancho que a conecta coa parroquia de Lendo e polo que pasaba un camiño.

Patrimonio Caión contaba cun porto baleeiro, que aparece mencionado na Descripción del Reyno de Galicia do Licenciado Molina (século XVI).

Arquitectonicamente destacan a recentemente rehabilitada Casa dos Condes de Graxal e, na mesma praza principal, a igrexa parroquial de Nosa Señora do Socorro. Anexo ao templo está o antigo convento da Orde de Santo Agostiño, fundado en 1548 por Fernando Bermúdez de Castro e que dende o século XVIII funcionou como casa reitoral. Hoxe en día acolle un local para a terceira idade e unha oficina de información e turismo.

Fóra da vila, no lugar do Outeiro onde xacando estivo unha primitiva capela románica, queda o santuario dos Milagres, construído durante o primeiro terzo do século XIX e que funcionou como igrexa parroquial ata 1955.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Caión

Parroquias da Laracha

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Laracha

Categoría:Parroquias da Laracha Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María do Socorro