Ígor (en nórdico antigo: Ingvar), nado contra 878, tamén coñecido como Ígor I e Ígor o Vello, foi un monarca varego da Rus de Kíiv que reinou entre o anos 912 e 945.

Reinado Coñécense moi poucos datos da súa vida e do seu goberno, a maioría dos cales extraéronse da Crónica de Néstor, a primeira crónica sobre os rus'. Suponse que mon se van poder obter moitos rexistros daqueles momentos debido ao dominio dos kházaros.

De feito, dubídase se Ígor fora descendente do fundador da dinastía, Rúrik. Probabelmente fora un cuñado,Considerouse en ocasións como fillo de Rúrik como, por exemplo en pero certamente era un varego de orixe (é dicir, un viquingo orixinario de Suecia), que tomou a herdanza de Rúrik, a dirección dos asuntos da Rus.

Ígor sitiou dúas veces a cidade de Constantinopla, en 941 e en 944. Pero a destrución do seu exército polos gregos obrigou ao príncipe a asinar un tratado de paz co emperador bizantino, tratado que se recolle na citada Crónica de Néstor.

Por outra parte, os rus' de Kíiv saquearon nos anos 913 e 944 as poboacións musulmás do mar Caspio a través de varias expedicións á zona ordenadas por Ígor.

Porén, en contra destes escritos, segundo o historiador francés Constantine Zuckerman, a cronoloxía que recolle a Primeira Crónica pon de relevo o feito de que Ígor só reinou a rus de Kíiv durante tres anos, desde o verán de 941 até a súa morte, en 945. De feito, ningunha crónica recolle o seu nome en datas anteriores de 941, aínda que coñecemos a data da morte do seu predecesor no trono, Oleg, 912.

Morte e sucesión

O príncipe Ígor encontrou a morte en 945, mentres recadaba os tributos dos drevlianos. Segundo o historiador bizantino León o Diácono, "conseguiron amarrar ao príncipe a dúas árbores que foran inclinadas. Deixándoas que recuperasen a súa posición, esnaquizaron o corpo do príncipe". A Crónica de Néstor busca a causa deste asasinato no feito de que Ígor tratou de cobrar os impostos até dúas veces nun mesmo mes.

Como resultado deste feito, a sucesora no trono, a súa esposa Olga, cambiou de arriba a abaixo o sistema de recadación de impostos (poliudie) no que se pode chamar a primeira reforma legal da que se ten memoria na Europa do Leste.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Rúrik República de Nóvgorod Rus de Kíiv Dinastía Rúrika Drevlianos

Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Historia de Rusia Categoría:Finados en 945 Categoría:Dinastía Ruríkida