Sviatoslav Igorevich (en antigo eslavo oriental: С~тославъ / Свѧтославъ, Игорєвичь, Sventoslavŭ / Svantoslavŭ Igorevičǐ; en ruso: Святослав Игоревич, Sviatoslav Igorevich; en ucraíno: Святослав Ігорович, Sviatoslav Ihorovych; en belaruso: Святаслаў Ігаравіч, Sviatoslav Igaravich; en búlgaro Светослав, Svetoslav e en grego Σφενδοσθλάβος, Sphendosthlábos), tamén coñecido como Sviatoslav o Bravo, nado en 942 e finado en marzo de 972 na illa de Khórtisia no Dniéper, foi un príncipe varego da Rus de Kíiv, da dinastía dos ruríkidas , que reinou de 962 a 972.
Primeiros anos As fontes non mencionan nada sobre a súa infancia e os primeiros anos da súa vida, pero Sviatoslav, descrito polas fontes como pouco paciente, foi o primeiro dos líderes da Rus de Kíiv mencionado na Crónica de Néstor en lingua eslava, e non nas nórdicas, como o foron os seus antepasados.
O seu pai foi Ígor, Príncipe de Kíiv asasinado por individuos da tribo dos drevlianos contra 945. A súa nai, Olga Prekrasa, a primeira dirixente da Rus' en facerse oficialmente cristiá, fe á que se converteu na corte de Bizancio de Constantino VII Porfiroxéneta, e que dirixiu o principado como rexente até a maioría de idade de Sviatoslav, en 962.
O seu titor foi un varego chamado Asmud (que significa rápido como un leopardo). A tradición de ter un titor varego (viquingo) perdurou entre os xoves príncipes ruríkidas pretendentes ao trono de Kíiv até o século XI.
Reinado
Sviatoslav foi coñecido pola rápida expansión territorial (ao redor do Volga, da estepa póntica e dos Balcáns), e as súas campañas incensastes ao leste e ao sur que precipitaron a caída de dúas das máis grandes nacións da Europa do Leste, a dos kházaros e o primeiro Imperrio búlgaro, así como pola submisión de numerosas tribos eslavas orientais. Así mesmo, tamén combateu cos alanos e co khanato búlgaro do Volga.Khazarian state and its role in the history of Eastern Europe and the Caucasus A. P. Novoseltsev, Moscova, Nauka, 1990.
Á fin da súa curta vida, Sviatoslav constituíra un dos maiores Estados en Europa, trasladando a súa capital de Kíiv (na actual Ucraína) a Pereyaslavets (na actual Bulgaria), no Danubio, en 969. En contraste coa conversión ao cristianismo da súa nai Olga (máis tarde chamada Santa Olga), Sviatoslav continuou toda a súa vida sendo un pagán convencido.
Entrou en guerra contra os kházaros en 964 (coñecidos desde moitos séculos antes como un dos pobos máis poderosos da Europa do Leste), e acabou por conquistar o curso inferior do Volga. As orixes do conflito entre Sviatoslav e os kházaros non son moi claras; algúns pensan que estaba nos intereses de Kíiv para desfacerse da influencia dos kházaros, que controlaban parte da rota comercial do Volga, mentres que outros pensan que Bizancio incitara a Sviatoslav para atacar despois de que os kházaros entraran en conflito co emperador Romano I Lecapenp despois das persecucións dos xudeus. miniatura|300px|esquerda|A Rus de Kíiv ao comezo do reinado de Sviatoslav (en vermello), coa súa zona de influencia en 972 (en laranxa).
Despois de reducir aos kházaros ao rango de vasalos (así como aos viatichi,Pobo eslavo oriental que vivía na conca do Oca e que despois colonizara a de Moscova. ante os que se presentou, antes de pedirlles o seu sometemento, coa mensaxe "Eu chego cara a vós!", en eslavo antigo: хощю на вы ити.Crónica de Néstor (ПСРЛ. — Т. 2. Ипатьевская летопись. — СПб., 1908, http://litopys.org.ua/ipatlet/ipat03.htm)), Sviatoslav entra de contado en campaña no Danubio en 967, onde derrotou aos búlgaros xunto co xeneral bizantino Nicéforo II Focas e matou o seu rei. Estaba acompañado, ademais de polas súas tropas, por mercenarios oguzesPobo turcomán da ribeira do mar Caspio. e pechenegos, sen dúbida para conter a poderosa cabalaría búlgara e kházara. Sviatoslav destruíu a cidade de Sarkel contra 965, e despois fixo o mesmo con Kerch, en Crimea, antes de destruír a capital kházara Itil contra 968 ou 969 (feitos mencionados nas obras do viaxeiro e cronista árabe Ibn Hawqal, do século X).
Liberou a continuación Kíiv, asediada polos pechenegos, despois instálase en Bulgaria, avanza cara a Adrianópole (actual Edirne) e ameaza a Bizancio. Pero o emperador bizantino Xoán I Tzimisces anexionou a Bulgaria oriental e buscou aos rus' de Sviatoslav (reinstalando aos reis búlgaros), e forzándoo a pedir a paz (despois do sitio de Durostorum en 971). miniatura|250px|Encontro entre Sviatoslav I e o emperador Xoán, por Klavdi Lébedev, segundo a descrición de Sviatoslav feita por León o Diácono.
A escena da entrega de Sviatoslav, na que este chega en barco canda o emperador, fíxose famosa. A aparencia física de Sviatoslav coñecémola grazas a este encontro, descrito polo cronista León o Diácono, que asistiu á reunión entre Svyatoslav e o emperador Xoán.
Segundo este cronista, Sviatoslav era un home musculado e vigoroso de estatura media, loiro e cos ollos azuis e moito máis impoñente que Tzimisces. Tiña a barba e o cranio rasurado, aínda que levaba un longo bigote tupido e unha (ou dúas) chupryna (longa mecha cabelos atados), un signo de nobreza. Estaba vestido de branco e máis limpo que os seus homes, aínda que tiña moitas cousas en común con eles, e levaba tamén un pendente de ouro en forma de anel. Sviatoslav e os seus homes xuraron ante o emperador polos deuses Perún e Veles,Marjorie Mandelstam Balzer (1992): Russian traditional culture: religion, gender, and customary law, abandonar as terras (Sviatoslav mantíñase pagán aínda que a súa nai fora cristiá). Segundo a Crónica de Néstor, Sviatoslav cría que os seus guerreiros acabarían por perderlle o respecto e se burlarían del se se convertía ao cristianismo.
Temendo que a paz con Sviatoslav o Bravo non duraría, o emperador bizantino conspirou para matalo e aliouse co khan dos pechenegos, Kurya (mencionado na obra De Administrando Imperio). Sviatoslav finalmente morreu nunha emboscada preparada por estes últimos na illa de Khórtisia (no Dniéper). O seu vencedor (Kurya, guerreiro activo e audaz, vestido cunha pel de oso) fixo un hanapUn hanap é un recipiente parar beber de orixe medieval. co seu cranio.
Despois da súa morte, as fronteiras non se consolidaron e logo viñeron problemas de sucesión.
Posteridade Dos seus tres fillos, os dous lexítimos repartíronse o principado. Ao maior, Iaropolk I, correspondeulle Kíiv, e ao segundo, Oleg Sviatóslavich os territorios conquistados aos drevlianos, dos que foi príncipe. A Vladimiro I, bastardo concibido por unha servente, Maluxa, concedéronlle, a petición do pobo de Nóvgorod, a antiga capital do principado, o Principado de Nóvgorod.Bernard Féron, La Galerie des tsars, Éditions Noir sur Blanc 2004, p. 25.
Familia Unións e descendentes As fontes diverxen sobre a vida faniliar de Sviatolav, pero o tratado ruso-bizantino de 945 menciona en principio como a súa muller a unha certa Predslava, nobre rusa e muller de Volodislav (de orixe húngara, segundo o historiador ruso Vassili Tatichtchev). Con ela tivo: Iaropolk (950-980). Oleg (morto en 977).
Con Malouxa, servente da súa nai, tivo:
Vladimiro (958-1015), que rompeu co paganismo e converteu á Rus de Kíiv ao cristianismo. miniatura|250px|A nai de Sviatoslav, Olga, pasea por Constantinopla co seu cortexo. Miniatura do século XI. O emperador bizantino Xoán I Tzimisces afirmou que cando coñeceu a Sviatoslav, que este ía acompañado por un fillo chamado Sfengus. Pero algunhas fontes din que Sfengus era en realidade fillo de Maluxa, que tivera nun matrimonio anterior.
Antepasados
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Barthold, W. (1996): "Khazar", en Encyclopaedia of Islam (Brill Online) . Eds.: P. Bearman, Th. Bianquis, C. E. Bosworth, E. van Donzel and W.P. Heinrichs. Christian, David (1998): History of Russia, Central Asia and Mongolia, Volume I: Inner Eurasia from Prehistory to the Mongol Empire. Oxforf and Malden, Mass.: Blackewell Publishers. ISBN 978-0-631-20814-3. PDF. Cross, S. H. & O. P. Sherbowitz-Wetzor (1953): The Russian Primary Chronicle: Laurentian Text. Cambridge, Mass.: Medieval Academy of America. Dunlop, D. M. (1954): History of the Jewish Khazars. Princeton Univ. Press. Franklin, Simon & Jonathan Shepard (1996): The Emergence of Rus 750-1200. Londres: Longman. ISBN 0-582-49091-X. Kendrick, Thomas D. (2004): A History of the Vikings. Courier Dover Publications. ISBN 0-486-43396-X. Logan, Donald F. (1992): The Vikings in History 2nd ed. Routledge. ISBN 0-415-08396-6.
Outros artigos Ígor de Kíiv Olga de Kíiv Vladimiro I de Kíiv Rus de Kíiv Dinastía Rurícovich Crónica de Néstor
Categoría:Historia de Rusia Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Nados en Kíiv Categoría:Nados en 942 Categoría:Finados en 972 Categoría:Dinastía Ruríkida