Na relixión galo-romana, Epona era a deusa protectora dos cabalos, ponis, burros e mulas. Ela era particularmente unha deusa da fertilidade, como mostran os seus atributos de páteras, cornucopias, espigas e a presenza de poldros nalgunhas esculturas.Salomon Reinach, "Épona", Revue archéologique (1895:163–95) Ela e os seus cabalos tamén poderían ser guías de almas no paso ao alén, con paralelismos en Rhiannon, do Mabinogion.Henri Hubert, Mélanges linguistiques offerts à M. J.Vendryes (1925:187–198). O culto a Epona, "a única divindade celta adorada tamén pola propia Roma",Phyllis Fray Bober, reviewing Réne Magnen, Epona, Déesse Gauloise des Chevaux, Protectrice des Cavaliers in American Journal of Archaeology 62.3 (xullo de 1958, pp. 349–350) p. 349. Émile Thevenot contributed a corpus of 268 dedicatory inscriptions and representations. como patroa da cabalaría, estivo moi estendido no Imperio Romano entre os séculos I e III d.C.; isto é infrecuente para unha divindade celta, a maioría dos cales estaban asociadas a localidades específicas.
Etimoloxía Aínda que só se coñece a partir de contextos romanos, o nome de Epona ('Grande Egua') provén da lingua gala; deriva do protocelta inferido *ekʷos 'cabalo',Compárese co latín equus, e o grego hippos. que dá lugar ao moderno ebol galés 'poldro', xunto co sufixo aumentativo -on que se atopa frecuentemente, aínda que non exclusivamente, nos teónimos (por exemplo Sirona, Matrona) e o habitual feminino galo singular -a.Delamarre, 2003:163–164. Nunha pasaxe conservada dunha observación de Pausanias,Pausanias, viii.25.5, 37.1 and 42.1 The myth was noted in Bibliotheke 3.77 and reflected also in a lost poem of Callimachus and in Ptolemy Hephaestion's New History. unha arcaica Deméter Erinys (Deméter vingativa) tamén fora unha grande égua, que foi montada por Poseidón en forma de semental e procreou a Arión e unha filla sen nome.Karl Kerenyi, The Gods of the Greeks (1951) pp 184ff "Demeter and Poseidon's stallion-marriages". Deméter foi venerada como unha egua en Lycosura, na Arcadia dos tempos históricos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Benoît, F. (1950). Les mythes de l'outre-tombe. Le cavalier à l'anguipède et l'écuyère Épona. Brussels, Latomus Revue d'études latines. Delamarre, X. (2003). Dictionnaire de la langue gauloise. 2nd edition. París, Editions Errance. Euskirchen, Marion (1993). "Epona" Dissertation, Bonn 1994 (Sonderdruck aus: Bericht der Römisch-Germanischen Kommission 74.1993.) Evans, Dyfed Llwyd (2005–2007), Epona: a Gaulish and Brythonic goddess (Divine Horse) Green M. J. (1986), The Gods of the Celts, Stroud, Gloucestershire. Magnen, R. Epona (Delmas, 1953). Nantonos and Ceffyl (2004), Epona.net, a scholarly resource Oaks, L. S. (1986), "The goddess Epona", in M. Henig and A. King, Pagan Gods and Shrines of the Roman Empire (Oxford), pp 77–84. Reinach, Salomon (1895). "Épona". Revue archéologique 1895, 163–95, Simón, Francisco Marco, "Religion and Religious Practices of the Ancient Celts of the Iberian Peninsula" in e-Keltoi: The Celts in the Iberian Peninsula, 6 287–345, section 2.2.4.1 (online) Speidel, M. P. (1994). Riding for Caesar: the Roman Emperors' Horse Guards. Cambridge, Massachusetts, Harvard University Press. Thevenot, Emile 1949. "Les monuments et le culte d' Epona chez les Eduens," L'antiquité Classique 18 pp 385–400. Epona and the Aedui. Vaillant, Roger (1951), Epona-Rigatona, Ogam, Rennes, pp 190–205.
Categoría:Deusas galas Categoría:Deusas britanas Categoría:Deusas romanas Categoría:Deusas da fertilidade Categoría:Deusas animais Categoría:Deidades dos cabalos Categoría:Deidades dos burros