Ruth Gordon Jones, nada en Quincy, Massachusetts o 30 de outubro de 1896 e finada en Edgartown, Massachusetts o 28 de agosto de 1985, foi unha actriz e guionista estadounidense.

Traxectoria Decidiuse polo mundo da interpretación no instituto, tras recibir unha carta da actriz Hazel Dawn, á que escribira pedíndolle un autógrafo. A pesar de que o seu pai consideraba difícil triunfar nesa profesión levouna a Nova York en 1914 onde a inscribiu na American Academy of Dramatic Arts.

O ano seguinte, ademais de aparecer como extra nalgúns filmes, debutou en Broadway interpretando un dos “nenos perdidos” en Peter Pan, or The Boy Who Wouldn't Grow Up, obtendo boas críticas.

A principios da década de 1930 foi contratada pola Metro-Goldwyn-Mayer, pero non apareceu en ningún filme da compañía ata Two-Faced Woman, de 1941. Mentres, xa aparecera en filmes doutros estudios.

En 1942 casou co escritor Garson Kanin, dezaseis anos menor ca ela, co que colaboraría en guións como os de Adam's Rib, de George Cukor, e The Actress, no que adaptarían a obra teatral autobiográfica de Gordon.

Tamén seguiu actuando no teatro e no cinema, e en 1968 gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por Rosemary's Baby.

Filmografía Actriz Ano Filme1940Dr. Ehrlich's Magic BulletAbe Lincoln in Illinois1941Two-Faced Woman1943Action in the North AtlanticEdge of Darkness1965Inside Daisy Clover1966Os patos tamén se namoran1968Rosemary's Baby1969What Ever Happened to Aunt Alice?1970Where's Poppa?1971Harold and Maude1976The Big Bus1978Every Which Way but Loose1979Caza de rapiñeirosBoardwalk1980Any Which Way You CanMy Bodyguard1982Jimmy the Kid1985Voyage of the Rock AliensMugsy's GirlsMaxie1987The Trouble with Spies

Guionista Ano Filme1947Dobre vida1949Adam's Rib1952Pat and MikeThe Marrying Kind1953The Actress1967Rosie!1980Hardhat and Legs

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Quincy, Massachusetts Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1985