Carlos Sante Varela, nado no ano 1971 na Coruña, é un actor, director e actor de dobraxe galego.
Traxectoria Comezou a súa carreira profesional como actor no ano 2000 na Escola Dramática Galega. Actuou con compañías como Matarile ou o CDG compaxinandoo con traballos de locucións, dobraxes e participacións audovisuais. Desenvolveu espectáculos cómicos coma Concerto Bífido, gañador do Festiclown no 2000, ou Muñekitous-A Nasional Yeografic Riport, 2º premio Radiocity Valencia no 2003
Recibiu unha completa formación, destacando o posgraduado en Interpretación pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998 e o seu diploma na Ècole Philippe Gaulier de Londres.
É o presidente da A.C. Manicómicos e director do seu festival, tamén é socio fundador da Federación de Asociación de Novo Circo de Galicia e co-director da escola de teatro San&saN da Coruña.
Traballos 1992: Luar 1995: Pratos combinados. 1995: Vídeo doméstico 2000: Hospital central. 2001: Terra de Miranda 2003: As leis de Celavella 2003: Romasanta. A caza da besta 2004: Diario dun skin 2004: Somne 2004: Camiño de Santiago: A Orixe 2005: Máis ca irmáns 2005: Heroína 2006: A torre sábeo 2006: Entorrados 2006: A vida por diante 2006: De bares 2006: O partido 2006: El nunca o faría 2007: Pradolongo 2009: Campás 2009: Agallas 2009: Matalobos 2010: Vacas, porcos e zapatos de tacón 2011: Eduardo Barreiros, o Henry Ford galego 2013: Clementina 2017: Fariña'' 2019: Gala dos Premios María Casares (dirección)
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en culturagalega.org
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1971 Categoría:Actores da Coruña Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Actores de voz de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes