Nova Galicia pode referirse a:
Xeografía e historia Reino de Nova Galicia, ou Novo Reino de Galicia, un dos dous únicos reinos autónomos dentro do Vicerreinado de Nova España; Provincia de Nova Galicia, unha división do Reino de Nova Galicia que, na primeira organización da Nova España, compendía os territorios de Nayarit e Xalisco. Nova Galicia, antigo nome dado polos conquistadores españois á illa suramericana que actualmente se coñce como Illa Grande de Chiloé, en Chile; Nova Galicia, tamén coñecida como Galicia occidental, antigo estado da monarquía dos Habsburgo que comprendía gran parte do territorio do occidente de Polonia, que se integrou no Reino de Galicia e Lodomeria en 1795, despois da terceira repartición de Polonia.
Prensa Nova Galicia, semanario galego editado en Buenos Aires entre 1901 e 1951; Nova Galicia, revista literaria e informativa que apareceu en Vigo en 1927, dirixida por Víctor Fraiz Villanueva.GEG Nova Galiza, publicación galeguista en galego que se editou en Barcelona durante a Guerra civil española, promovida por Castelao e Ramón Suárez Picallo; Nova Galicia, revista editada en París polo PCE en 1966. Nova Galiza, revista de política e cultura, aparecida en Santiago de Compostela en 1978, non saíron máis números. Véxase tamén Outros artigos Nova Galicia Edicións, editorial fundada en Vigo en 1984. Novagalicia Banco