Eugene Curran Kelly, nado en Pittsburgh, Pensilvania o 23 de agosto de 1912 e finado en Beverly Hills, California o 2 de febreiro de 1996 foi un actor, director, bailarín e coreógrafo estadounidense.

Traxectoria Aos oito anos el e o seu irmán máis vello James foron apuntados pola súa nai nunha escola de danza. Ambos os dous rebeláronse, mais Gene acabaría volvendo á danza por iniciativa propia. Marchou á universidade para estudar xornalismo, pero a crise económica fixo que tivese que buscar traballo, bailando co seu irmán máis novo, Fred, en concursos de talento e clubs nocturnos.

En 1931 comezou os estudos de economía na University of Pittsburgh, chegando a ser director do Cap and Gown Club, entre 1934 e 1938. Durante eses anos a súa familia creou un estudio de baile, na que Kelly era profesor.

Finalmente decidiu dedicarse exclusivamente á danza, conseguindo o seu primeiro traballo en Broadway en 1938. Pouco despois comezaron a chegar ofertas de Hollywood, mais non marchou de Nova York ata 1941, ano no que asinou un contrato con David O. Selznick.

Kelly levou a Hollywood a Stanley Donen como axudante de coreografía, pero finalmente ambos os dous codirixirían varios filmes, sendo o primeiro On the Town. Tras a idade de ouro dos musicais volveu ao teatro, facendo algunhas aparicións no cinema e na televisión.

A finais da década de 1980 a súa saúde declinou, finando en 1996 por complicacións tras un infarto.

Filmografía Ano Filme1942For Me and My Gal1943Du Barry Was a Lady1943Thousands Cheer1944Cover Girl1945Levando áncoras1945Ziegfeld Follies1947Living in a Big Way1948The Pirate1948 The Three Musketeers1949Take Me Out to the Ball Game1949On the Town1950"Black Hand"1950Summer Stock1951An American in Paris1952Singin' in the Rain1954Brigadoon1954Deep in My Heart1955Sempre fai bo tempo1956Invitation to the Dance1957Les Girls1958Marjorie Morningstar1960Inherit the Wind1960Let's Make Love1964What a Way to Go!1966Les Demoiselles de Rochefort1974That's Entertainment!1980Xanadu

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Gene Kelly – Pittsburgh Music History

Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro musical dos Estados Unidos de América Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Bailaríns Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Óscar honorífico