Celeste Holm, nada en Nova York o 29 de abril de 1917 e finada na mesma cidade o 15 de xullo de 2012 foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Naceu en Nova York, filla dunha escritora e pintora e un empresario noruegués, cos que viviu nos Países Baixos, Francia e os Estados Unidos. No instituto de Chicago actuou en varias obras, tralo que decidiu estudar arte dramática na University of Chicago.
O seu primeiro papel profesional foi nunha produción de Hamlet protagonizada por Leslie Howard. En 1938 debutou en Broadway, onde sería descuberta e contratada pola 20th Century Fox. Debutou no cinema en 1946 e o ano seguinte gañou o Oscar á mellor actriz secundaria por Gentleman's Agreement. Porén, tralo seu papel en Todo sobre Eva decatouse que prefería o teatro e só interveu nuns poucos filmes máis.
Filmografía Ano Filme1946Three Little Girls in Blue1947Carnival in Costa RicaGentleman's Agreement1948Road House1949Chicken Every SundayCome to the StableEverybody Does It1950Champagne for CaesarTodo sobre Eva19551956High Society1962Bachelor Flat1967Doctor, You've Got to Be Kidding!1973Tom Sawyer1976Bittersweet Love19771987Three Men and a Baby1997Still Breathing2005Alchemy2012Driving Me Crazy2013College Debts
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2012