Os holozoos ou Holozoa son un grupo de organismos entre os que están incluídos os animais e os organismos unicelulares máis estreitamente emparentados con eles, pero que exclúe aos fungos. Holozoa é tamén un antigo nome que se lle daba a un xénero de tunicados, que hoxe se chama Distaplia.Como Holozoa é un clado que inclúe todos os organismos que están máis estreitamente emparentados cos animais que cos fungos, algúns autores prefiren este grupo en vez de recoñecer grupos parafiléticos como os Choanozoa, que fundamentalmente consisten nos Holozoa menos os animais.
Quizais os holozoos máis coñecidos, ademais dos animais, son os coanoflaxelados, que lembran moito ás células con flaxelo e colar das esponxas chamadas coanocitos, polo que se teorizou que poderían estar relacionados coas esponxas xa no século XIX. Proterospongia é un exemplo de coanoflaxelado colonial cuxo estudo podería esclarecer a orixe das esponxas.
As afinidades doutros holozoos unicelulares só empezaron a recoñecerse na década de 1990. Un grupo de especies principalmente parasitas chamado Icthyosporea ou Mesomycetozoea agrúpase ás veces con outras especies en Mesomycetozoa (nótese a diferenza na terminación). Os xéneros ameboideos Ministeria e Capsaspora'' poden xuntase no grupo denominado Filasterea pola estrutura dos seus pseudópodos filamentosos. Xunto cos coanoflaxelados, os filastereos poden estar tamén moi relacionados cos animais, e unha análise agrúpaos xuntos no clado Filozoa.
Rexistro fósil Os fósiles máis antigos dos holozoos son animais que datan do período Ediacárico, hai uns 600 millóns de anos (ver fauna de Ediacara).
Cladograma Un cladograma que ilustra a composición e relacións dos hoozoa é o seguinte:
Notas
Categoría:Eucariotas