O azaíVV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 43. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0 (do portugués: açaí) (Euterpe oleracea) é unha palmeira nativa do norte de América do Sur, apreciada polas propiedades nutritivas do seu froito. Medra no norte do Brasil, Güiana francesa, Suriname, Güiana, Trinidad, e sur de Bolivia, Perú e Venezuela e no Magdalena Medio e a rexión do Pacífico en Colombia.Henderson, Andrew; Gloria Galeano & Rodrigo Bernal 1997. Field Guide to the Palms of the Americas: 124. Princeton Paperbacks.
O seu consumo data de tempos precolombianos e é un alimento moi importante na dieta amazónica. O cultivo intensivo do azaí estendeuse dentro do territorio brasileiro, durante os anos 1980 e 1990.
Etimoloxía O azaí, do portugués açaí, tamén recibe os nomes comúns, todos orixinarios da lingua nativas do Brasil, de uaçaí, açaí-branco, açaizeiro, coqueiro-açaí, iuçara, juçara, palmiteiro, palmito, piná e tucaniei,FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.19. Açaí e uaçaí son oriundos do tupí yasa'i, "froita que zumega", nunha alusión ao zume desprendido polo seu froito. Juçara provén do tupí yu'saraFERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.992. "Palmiteiro" e "palmito" son alusións ao seu uso na alimentación humana so a forma de palmito
Hábitat Medra en bosques húmidos das terras baixas, en zonas alagábeis pretos das ribeiras.
É propia da Plataforma do Pacífico, onde se coñece como palma murrapo ou naidí e forma extensas asociacións nas veigas alagábeis dos ríos, a menos de 100 m de altitude.Bernal, Rodrigo G. e Gloria Galeano 1993. Las Palmas del Andén Pacífico; Pablo Leyva (Ed.) Colombia Pacífico I. Bogotá: BIOPACIFICO
Usos 250px|thumb miniatura|Froitos se Euterpe oleracea O froito desta palmeira, coñecido co mesmo nome, é comestíbel e consómese en forma de bebidas, doces, e xeados.
Por cada 100 g a polpa do froito contén 8,1 g de proteínas; 52,2 g de glícidos (incluídos 44,2 g de fibra) e 32,5 g de graxas;Schauss AG, Wu X, Prior RL, Ou B, Patel D, Huang D, Kababick JP (2006). "Phytochemical and nutrient composition of the freeze-dried amazonian palmberry, Euterpe oleraceae Mart. (acai)". Journal of Agricultural and Food Chemistry 54 (22): 8598–603. ademais 260 mg de calcio, 4,4 mg de ferro, 1002 U de vitamina A e pequenas cantidades de vitamina C, así como ácido aspártico e ácido glutámico e ademais 319 mg de antocianina e outros antioxidantes.
O seu principal produto comercializado é o palmito, que se extrae derrubando as palmas e se procesa coma encurtido para comidas tipo ensalada. Os seus froitos son consumidos polas aves, especialmente polos paxaros do petróleo ou guácharos (Steatornis caripensis), mentres que as súas sementes son consumidas por roedores e por algúns peixes, adicionalmente os seus talos empréganse como trabes e pontóns na construción de teitosAcero, E. 2003. Manual guía de las especies vegetales vedadas en vía de extinción y de frecuente comercialización. Departamento Administrativo Del Medio Ambiente - DAMA. Bogotá, Colombia. 337 páx.
Atribúenselle propiedades medicinais de varios tipos. Segundo o profesor Stephen Talcott, nun estudo realizado pola Universidade da Florida atopouse que provocou respostas autodestrutivas até no 86% das células canceríxenas da leucemia estudadas. O mesmo estudo tamén afirma que é unha das fontes de froitas máis rica en antioxidantes.
Nos Estados Unidos e por extensión no Canadá e Europa, comezouse a comercializar como suplemento alimenticio en forma de barritas enerxéticas, zume, caramelos ou mesmo a froita enteira. As empresas que comercializan estes produtos din que proporciona moita fibra, un nivel enerxético máis alto e mellora a vida sexual, a dixestión, a saúde cutánea, a saúde cardíaca, o sono e incluso diminúe os niveis de colesterol. Ademais, atribúenlle propiedades adelgazantes. Quackwatch (organización sen ánimo de lucro estadounidense dedicada a destapar fraudes relacionados coa saúde) advertiu que os niveis de antioxidantes do zume de azaí, suposta fonte das súas propiedades beneficiosas, non son superiores que nos doutras froitas como os arandos, certos tipos de uva ou cereixas.Quackwatc 2009. CSPI Warns Consumers about Web-Based Açai Scams
Taxonomía Euterpe oleracea foi descrita por Carl Friedrich Philipp von Martius e publicado en Historia Naturalis Palmarum 2(2): 29–31, f. 28–30, no ano 1824. en Trópicos Etimoloxía O xénero leva o nome da musa Euterpe da mitoloxía grega.(J. Dransfield, N. Uhl, C. Asmussen, W.J. Baker, M. Harley and C. Lewis. 2008)
oleracea: epíteto latino que significa "con fragrancia, recendo".en Epítetos Botánicos
Notas
* Schultes, Richard E. 1974. Palmeras y religión en el noroeste amazónico. Príncipes 18 (1): 3-21. Astrocaryum vulgare, Bactris gasipaes, Euterpe oleracea, E. precatoria, Leopoldinia piassaba, Maximiliana martiana, Oenocarpus bacaba, Socratea exorrhiza USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. Euterpe oleracea Mart. (25 ene 2008).
Véxase tamén
Outros artigos Palmito Palmiteiro Descrición das arecáceas
Ligazóns externas Un estudo amosa que unha baga brasileira destrúe células canceríxenas nun laboratorio Os beneficios do azaí
Categoría:Euterpe Categoría:Palmeiras Categoría:Froitas exóticas Categoría:Flora de América do Sur Categoría:Froiteiras Categoría:Plantas medicinais