Os Pneumáticos de Fórmula Un xogan un papel importante no rendemento dun coche de Fórmula 1. Os pneumáticos experimentaron cambios significativos ao longo da historia da Fórmula Un, con diferentes fabricantes e utilizando diversas especificacións.

Historia

Os pneumáticos de Fórmula 1 só teñen un parecido superficial cun pneumático normal de estrada. Mentres que estes últimos teñen unha vida útil de ata 80.000 km, os pneumáticos usados na Fórmula Un están construídos para durar menos da distancia dunha carreira. Pero, hai que sinalar que os pneumáticos de estrada non están suxeitos a un estilo de condución que busca o máximo absoluto na adhesión dos pneumáticos. Polo tanto, estas comparacións non son realmente válidas e deben ser postas en contexto. O obxectivo de cada pneumático determina o composto de caucho que é utilizado.

Durante as décadas de 1950 e 1960, os pneumáticos de Fórmula Un foron subministrados por Dunlop, Englebert, Firestone, Continental e Goodyear. En 1958, Dunlop presentou o seu pneumático de carreiras R5, substituíndo o tecido de algodón dos pneumáticos R1 a R4 anteriores por un tecido de nailon, permitindo unha redución de 5´44 kg. no peso do pneumático. Durante a década de 1960, Dunlop introduciu carcasas de nailon melloradas, reduciu a relación de aspecto, aumentou significativamente o ancho dos pneumáticos e o uso de caucho sintético.

Os pneumáticos slick presentáronse na Fórmula Un por Firestone no Gran Premio de España de 1971. O Ferrari 312T de 1975 utilizou un pneumático liso Goodyear de 26,0"×16,2"-13" (diámetro x ancho total) na parte traseira nunha pina de 13" × 18", cun pneumático Goodyear de 20,0" × 9,2" -13" na parte dianteira nunha pina de 13 × 10".

Nesta época os pneumáticos de Fórmula 1 facíanse e raiabanse practicamente a man por un operario, polo que practicamente non había ningún pneumático igual o que provocaba constantes vibracións e desviacións. Moitos anos despois Clay Regazzoni contaba que enterárase que durante a súa estacia en Ferrari como compañeiro de equipo de Niki Lauda perdera 9 de cada 10 carreiras ante o seu compañeiro, que o motivo foi que Lauda se levaba moi ben con Goodyear polo que lle permitían, antes da cualificación, elixir os pneumáticos que ía montar, e el elixía os pneumáticos feitos polo mesmo operario e no mesmo día, para que foran o máis iguais posibles. Ata ese punto son importantes os pneumáticos.

miniatura|esquerda| Reintroducidos na tempada , conxunto de pneumáticos slick para F1 En 1998 presentáronse os pneumáticos rañurados con 3 sucos nos pneumáticos dianteiros e 4 sucos nos pneumáticos traseiros.http://www.f1technical.net/articles/1 Entre 1999 e 2008, as regulacións mantiveron un mínimo de 4 sucos, coa intención de frear os coches (un pneumático liso, sen fendas, é mellor en condicións secas). Non podían ter máis de 355 mm de ancho diante e 380 mm na parte traseira, e o diámetro máximo é de 660 mm (670 mm para os pneumáticos de choiva). Os pneumáticos lisos foron reintroducidos no comezo da tempada de , xunto cos cambios na aerodinámica destinados a cambiar o equilibrio cara ao agarre mecánico nun intento de aumentar os adiantamentos.

En , prohibiuse o cambio de pneumáticos na Fórmula Un, polo tanto, os compostos eran máis duros xa que os pneumáticos tiñan que durar a distancia de carreira (uns 300 km). Os cambios de pneumáticos volveron en , tralo dramático e sumamente politizado Gran Premio dos Estados Unidos de 2005.

Na tempada de Bridgestone converteuse no único fornecedor de pneumáticos da Fórmula Un logo da retirada de Michelin, e presentou catro compostos de pneumáticos, dos cales elíxense dous para cada carreira. Os pneumáticos máis duros son máis duradeiros, pero teñen menos agarre e os pneumáticos máis brandos dan máis agarre, pero son menos duradeiros. Ambos compostos teñen que ser utilizados por cada vehículo durante a carreira, a menos que se utilicen pneumáticos de choiva ou intermedios durante a mesma, nese caso, esta regra xa non se aplica.

En condicións de choiva extrema, con auga estancada profunda, como no Gran Premio de Europa de 2007, os coches de F1 non poden seguir o ritmo do coche de seguridade, debido ao risco de aquaplaning. Nas carreiras con choiva, como o Gran Premio do Canadá de 2011, os pneumáticos son incapaces de proporcionar seguridade suficiente, polo que a carreira pode ser suspendida. A carreira pode deterse de forma definitiva, ou suspenderse por un tempo ata que os coches poidan correr de novo con seguridade.

O 2 de novembro de 2009, Bridgestone anunciou a súa retirada da Fórmula Un ao final da tempada . Michelin, Cooper Avon e Pirelli mostraron interese en asumir o papel de fornecedor de pneumáticos. En xuño de 2010, anunciouse que Pirelli sería o único fornecedor da tempada e asinaría un contrato de 3 anos.formula1.com confirming Pirelli for 2011 Durante agosto de 2010, Pirelli iniciou o seu programa de probas co Toyota TF109 no Circuíto de Mugello con Nick Heidfeld como o piloto de probas.

Con Pirelli como único fornecedor de pneumáticos, as regras en relación cos pneumáticos eran as mesmas que na tempada 2010. Todos os equipos tiñan que utilizar todos os tipos de composto de pneumático seco fornecidos para a carreira, e os pilotos que facían a Q3 tiñan que usar os mesmos pneumáticos que utilizaban para establecer o tempo máis rápido de clasificación para empezar a carreira. Pero, a forma de marcar as diferentes especificacións dos pneumáticos foi cambiada. En lugar da franxa verde que marcaba o composto máis brando, as letras de cada especificación dos pneumáticos, terían unha cor específica. O composto duro terían letras prateadas, o composto medio tería letras brancas, os pneumáticos brandos terían letras amarelas e os pneumáticos súper brandos terían letras vermellas. Nos pneumáticos de mollado, os pneumáticos intermedios terían as letras azul claro e os pneumáticos de mollado terían as letras laranxas.

No Gran Premio de Malaisia de 2011, Pirelli introduciu unha liña de cor ao redor do exterior da lamia no máis brando dos dous compostos secos. Isto debeuse á confusión producida durante a primeira carreira da tempada. Esta medida dise que foi para encher o espazo libre, unha solución permanente que empezaría na primeira carreira europea da tempada. A liña de cor xa apareceu no Gran Premio da China.Pirelli tweak ahead of Malaysia 7 de abril de 2011 Desde o Gran Premio de Turquía, esta solución permanente púxose en práctica; o composto opcional tería unha nova marca. O pneumático opcional tiña dúas raias grosas entre os logos Pirelli P Zero e cada un dos pneumáticos, o que fai máis fácil ver a cor da marca cando o pneumático vira. O pneumático duro mantivo as mesmas marcas de antes, aínda que avanzada a tempada actualizou a parede lateral coas novas marcas.

Segundo a normativa, os dous compostos, o composto principal (máis duro) e o opcional (máis suave) deben ser utilizados nas carreira en seco, senón serán descualificados da carreira. Se unha carreira é suspendida e aínda non se utilizaron os dous pneumáticos, impoñerase unha penalización de 30 segundos. Este requisito non se aplicará se foi necesario utilizar pneumáticos de choiva.http://www.formula1.com/inside_f1/rules_and_regulations/sporting_regulations/8680/

Para tempada Pirelli utilizará o seu novo e quinto composto chamado "ultrasoft" (ultra brando en galego), que só poderá ser utilizado en circuítos urbanos, e os equipos poderán elixir os seus dous compostos para cada carreira, entre tres alternativas que se designarán para cada Gran Premio. Por outra banda, un conxunto do composto máis brando terá que ser gardado para o seu uso só na Q3. Os dous conxuntos obrigatorios elixidos por Pirelli poden ser de dous compostos diferentes, dos tres que sexan designados para a fin de semana. Estes conxuntos, obviamente, serán idénticos para cada equipo. Os 10 xogos restantes poden ser elixidos por cada equipo, a partir dos tres compostos designados para a fin de semana.

Os equipos farán as súas eleccións nun prazo fixado por Pirelli. Comunicarán as súas decisións á FIA, que á súa vez diralle Pirelli cantos pneumáticos subministrará. As opcións para cada vehículo manterase en segredo ata 2 semanas antes da carreira. Se un equipo non cumpre coa data límite, a elección farase pola FIA.

Unha vez tomadas as decisións para cada vehículo, a FIA asignara os pneumáticos ao chou a través dun código de barras, como actualmente. As decisións tomadas por cada equipo poden variar para cada un dos seus coches, polo que cada piloto dentro do mesmo equipo pode ter unha asignación diferente. Os pneumáticos distínguense por diferentes marcas de cor nas paredes laterais, como actualmente.

Para a tempada , presentáronse pneumáticos Pirelli significativamente máis anchos nos eixos dianteiro e traseiro, mentres que o diámetro total dos pneumáticos aumentou en 10 mm. O tamaño do pneumático dianteiro aumentou a 305/670-R13 respecto ao anterior 245/660-R13, mentres que o tamaño do pneumático traseiro aumentou a 405/670-R13 respecto ao 325/660-R13 anterior. En 2017 e 2018, o Campionato da FIA de Fórmula 2 continuou empregando o tamaño Pirelli F1 anterior aos pneumáticos de 2017.

Pirelli presentou dous novos compostos de pneumáticos para a tempada de F1, Hiperbrando (rosa) e Superduro (laranxa). O pneumático Duro converteuse en azul xeo.

De cara á tempada , Pirelli reduciu o rango de pneumáticos de sete a cinco compostos para o tempo seco, e tamén eliminaron o sistema de nomeamento de pneumáticos de xeito que os pneumáticos se denotarán en cada gran premio independentemente como duros, medios e brandos con laterais brancas amarelas e vermellas respectivamente en lugar de ter un nome e unha cor separados para cada un dos cinco pneumáticos. O cambio implementouse para que os fanáticos informais puidesen comprender mellor o sistema de pneumáticos.

Escándalo Gran Premio dos Estados Unidos de 2005

O venres 17 de xuño de 2005, durante a sesión de adestramentos da tarde, Ralf Schumacher, que pilotaba un Toyota, estrelouse con forza na curva 13 do Circuíto de Indianápolis, ao parecer a consecuencia dun fallo na roda traseira esquerda. A curva 13 do circuíto de Indianápolis é unha de alta velocidade peraltada, única desta característica nas carreiras de Fórmula Un, que causa unha maior carga lateral (horizontal).Michelin: Tyres not flawed, just unsuitable. www.crash.net . Retrieved 2 de decembro de 2006 Esta presión pode facer que as paredes laterais do pneumático se arqueen e se desgasten en lugares anormais.Bridgestone take pop at Michelin over USGP '05. www.crash.net . Retrieved 2 de decembro de 2006

miniatura|left|200px| O Gran Premio dos Estados Unidos de 2005, estivo pragado de problemas cos pneumáticos. Isto fixo que a carreira correrase con só seis participantes Ao día seguinte, Michelin informou que os pneumáticos que facilitara aos seus sete equipos clientes, BAR, McLaren, Red Bull, Renault, Toyota, Sauber e Williams, eran perigosas para o uso a alta velocidade nesta curva, e anunciou a súa intención de traer outro xogo de pneumáticos da súa sede en Clermont-Ferrand.Michelin looking to fly in new tyres www.-itv-f1.com . Retrieved 5 de agosto de 2006 Pero, os pneumáticos substitutos, que eran do tipo utilizado no Gran Premio de España a principios dese ano, resultaron ter o mesmo problema cando se probaron.Stoddart comments on US Grand Prix www.motorsport.com . Retrieved 5 de agosto de 2006