Santa María de Leiloio é unha parroquia situada ao leste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños, na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 547 habitantes (266 homes e 281 mulleres) 210 menos ca en 1999. Ten once entidades de poboación.
Xeografía esquerda|miniatura|Fonte da Nosa Señora.
Limita ao norte coa parroquia de Cambre (Cambre), ao sur con Xornes e Cances (Carballo), ao leste con Cances e Razo (Carballo), e ao oeste con Buño. Está a uns nove quilómetros da capital do concello, e tamén a nove quilómetros de Carballo, capital da Bisbarra. Atravésaa o río Vaa e o seu afluente o Martí.
O seu principal accidente xeográfico é o monte Neme (387 m), onde existiron durante a segunda guerra mundial unhas minas de volframio destinadas a abastece-los alemáns. Ó leste, limita cos Montes de Ceáns (221 m) e de Santo Amaro (244 m).
Festas Tradicionais Festa do Carme: 16 de xullo. Asunción: 15 de agosto.
Novas Noite celta: 1° sábado de xullo. Festa da Tilla: 1° domingo de xullo.
Lugares e parroquias Lugares de Leiloio
Parroquias de Malpica de Bergantiños
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Malpica de Bergantiños
Categoría:Parroquias de Malpica de Bergantiños Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María