250px|miniatura|A praia de Benzú Benzú é unha localidade e pedanía da cidade autónoma de Ceuta. En plena costa atlántica e xunto á fronteira con Marrocos, Benzú sitúase na parte noroccidental da capital ceutí. Preto desta localidade encóntranse os núcleos de Beliones e Castillejos, xa na rexión marroquí de Tánxer-Tetuán.
Xeografía Encóntrase lindando con Marrocos, pero a súa parte da fronteira é de acceso restrinxido e pouco transitada. É unha das partes máis belas de Ceuta, pola súa diversidade, xa que está bañada polas augas do estreito de Xibraltar por un lado, por montañas por outro lado e, cruzando a fronteira, o pequeno pobo marroquí coñecido en Ceuta como Beliones por outro. En Beliones pode verse a coñecida como 'a Muller Morta' (la Mujer Muerta), unha montaña en territorio marroquí que vista dende Benzú se asemella a unha muller tombada.
Actualmente, é coñecida a nivel internacional polos importantes descubrimentos arqueolóxicos localizados na zona e as investigacións que a Universidade de Cádiz sobre estes está levando a cabo.
Demografía + Variación demográfica[url=http://www.ine.es/nomen2/index.do?accion=busquedaDesdeHome&nombrePoblacion=Benz%FA Instituto Nacional de Estadística] de Benzú 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 1127 1187 1187 1123 1077 1085 1055 - 1134 1125 1170 - 1326
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Ceuta