A tempada 2012-2013 do Top 14 foi a 114ª edición da primeira división da liga francesa de rugby. O torneo comezou o 17 de agosto de 2012 e rematou o 1 de xuño de 2013 coa gran final disputada no Stade de France de París, que enfrontou a Castres Olympique co RC Toulon. Liga regular Composta por 26 xornadas, comezou o 17 de agosto de 2012 e rematou o 4 de maio de 2013. O mellor equipo na liga regular foi o ASM Clermont con 91 puntos, seguido de preto polo RC Toulon con 90. Os dous últimos equipos da táboa perderon a categoría. Os 6 primeiros pasaron á fase de eliminatorias polo título de campión.

Fase final O seis mellores equipos da liga regular acadaron o dereito a loitar polo título nesta fase final. Os dous primeiros equipos da táboa pasaron a semifinais, mentres os catro seguintes tiveron que disputar unha eliminatoria previa. Tanto as semifinais como a final se disputaron en estadios neutrais, non así os encontros de cuartos de final.

O Castres Olympique acadou o seu 4º título de liga vencendo na final por 19 a 14 ó RC Toulon.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da LNR . Estatísticas do torneo en Itsrugby .

Categoría:Rugby en 2013