Manuel González-Añón Carou, nado en Outes o 7 de novembro de 1968, é un exfutbolista galego, que xogaba na posición de porteiro.
Traxectoria Comezou a súa carreira deportiva no Orillamar da Coruña. Despois pasou a xogar na terceira división co Sporting Sada e o Bergantiños FC, e en segunda B co CD As Pontes.
Debutou en primeira división tras fichar polo Rayo Vallecano, que adestraba David Vidal, malia que foi suplente do nixeriano Wilfred Agbonavbare. Xogou só seis partidos, destacando a súa actuación nun deles contra o FC Barcelona no Camp Nou, malia perder 1-0. A tempada seguinte fichou polo Real Valladolid, no que xogou un só partido ao ser titular César Sánchez. Ante a falta de oportunidades en primeira división, foi cedido ao Carabanchel.
Posteriormente probou sorte na Major League Soccer dos Estados Unidos, fichando primeiro polo MetroStars de Nova York e despois polo Long Island Rough Riders, cos que aínda xogou dous anos máis na A-League. Logo de tres anos nos Estados Unidos xogou catro tempadas na Segunda Liga de Portugal logo de fichar polo GD Chaves. Antes de retirarse xogou tres tempadas no Atlético Arteixo, co que acadou o ascenso a 2ªB logo de eliminar o Real Oviedo. Despois de xogar en 2ªB, estiveron unha tempada en Rexional preferente por mor dun descenso adinistrativo.
Comezou a súa carreira como adestrador cos xuvenís do Sporting Coruñés de Monte Alto, e despois pasou a adestrar os porteiros do Montañeros Club de Fútbol na súa etapa en 2ªB (2009-2012).
Traballa como xestor automatista en Zara Loxística, e xoga no equipo de veteranos do Deportivo da Coruña.
Clubs como xogador ClubPaísAnoCategoríaPartidosSD Orillamar1987-1988RexionalSporting Sada1988-1989Terceira divisiónBergantiños Fútbol Club1989-1990Terceira división Endesa As Pontes1990-1991Segunda B Endesa As Pontes1991-1992Segunda BRayo Vallecano1992-1993Primeira divisiónRayo Vallecano1993-1994Primeira división6Real Valladolid1994-1995Primeira división1RCD Carabanchel1995-1996Segunda B32MetroStars de Nova Yorke Long Island Rough Riders1996-1997Major League Soccer28Long Island Rough Riders1997-1998USL First Division28Long Island Rough Riders1998-1999USL First Division28GD Chaves1999-2000Segunda Liga27GD Chaves2000-2001Segunda Liga32GD Chaves2001-2002Segunda Liga14GD Chaves2002-2003Segunda Liga18Atlético Arteixo2003-2004Terceira división3Atlético Arteixo2004-2005Segunda B17Atlético Arteixo2005-2006Preferente Norte3
Véxase tamén Ligazóns externas Renaldinhos y Pavones: Manuel González-Añón Carou
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Outes Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Atlético Arteixo Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do CD As Pontes Categoría:Xogadores do Sporting Sada Categoría:Xogadores do Bergantiños FC Categoría:Xogadores do New York Red Bulls Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes