José Ramón Suárez foi un carpinteiro, sindicalista e anarquista galego.
Traxectoria Carpinteiro de profesión e aveciñado na Coruña, foi directivo da Federación Local Obrera nos anos vinte. En 1919 foi deportado a Baltanás polo paro xeral en solidariedade coa folga de La Canadiense. Logo da caída da ditadura de Primo de Rivera tomou parte na campaña pro-amnistía artellada pola CNT galega e diversos grupos republicanos e en 1930, cando comezou a se reorganizar a Confederación Rexional Galaica, foi elixido secretario. Ao ano seguinte foi substituído no cargo por José Villaverde Velo.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Carpinteiros