Yasujirō Ozu (en xaponés: 小津 安二郎), nado en Tokyo o 12 de decembro de 1903 e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1963, foi un director de cinema xaponés.

Traxectoria Comezou a interesarse polo cinema no instituto, cando escapaba das clases para ver filmes como Quo Vadis? ou The Last Days of Pompeii. En 1917, despois de ver o filme Civilization decidiu converterse en director. Porén o seu primeiro traballo foi como profesor substituto.

En 1923 entrou na Shochiku Film Company como axudante de fotografía grazas á intercesión do seu tío e contra a opinión do seu pai. Tras traballar como axudante de dirección foi ascendido e dirixiu o seu primeiro filme en 1927. O guión foi escrito por Kogo Noda, que sería o seu coguionista o resto da súa carreira.

O seu primeiro éxito de crítica foi Nacín, pero, comedia dramática sobre a adolescencia.

En 1937 foi chamado polo exército xaponés e pasou dous anos na China na segunda guerra sino-xaponesa. En 1943, durante a segunda guerra mundial foi contratado para facer un filme de propaganda en Birmania. Porén, foi levado a Singapur para dirixir o filme Deruhi e, Deruhi e e pasou o ano lendo, xogando ao tenis e vendo filmes estadounidenses. Cando acabou a guerra destruíu o guión e todo o material filmado.

Volveu ao Xapón en 1946, mudándose coa súa nai, coa que viviu ata a morte desta. O ano seguinte retomou a súa carreira e a partir deses anos chegaron as súas obras máis destacadas, como Viaxe a Tokio.

Antes da década de 1960 os seus filmes apenas foron vistos fóra do seu país, pero dende entón a súa influencia foi aumentando, sendo considerado un dos grandes directores da historia, aparecendo en enquisas como a da revista Sight & Sound.

Filmografía Ano Título xaponés Título Filmes mudos 1927 懺悔の刃 Zange no yaiba 1928 若人の夢 Wakōdo no yume 女房紛失 Nyōbō funshitsu カボチャ Kabocha 引越し夫婦 Hikkoshi fūfu 肉体美 Nikutaibi 1929 宝の山 Takara no yama 学生ロマンス 若き日 Gakusei romansu: wakaki hi 和製喧嘩友達 Wasei kenka tomodachi 大学は出たけれど Daigaku wa detakeredo 会社員生活 Kaishain seikatsu 突貫小僧 Tokkan kozō 1930 結婚学入門 Kekkongaku nyūmon 朗かに歩め Hogaraka ni ayume 落第はしたけれど Rakudai wa shitakeredo その夜の妻 Sono yo no tsuma エロ神の怨霊 Erogami no onryō 足に触った幸運 Ashi ni sawatta kōun お嬢さん Ojōsan 1931 淑女と髭 Shukujo to hige 美人と哀愁 Bijin to aishu 東京の合唱 Tokyo no kōrasu 1932 春は御婦人から Haru wa gofujin kara 大人の見る繪本 生れてはみたけれど Nacín, pero 靑春の夢いまいづこ Seishun no yume ima izuko また逢ふ日まで Mata au hi made 1933 東京の女 Tokyo no onna 非常線の女 Hijōsen no onna 出来ごころ Dekigokoro 1934 母を恋はずや Haha wo kowazuya 浮草物語 Ukigusa monogatari 1935 箱入娘 Hakoiri musume 菊五郎の鏡獅子 Kagami jishi 東京の宿 Tokyo no yado 1936 大学よいとこ Daigaku yoitokoFilmes sonoros en branco e negro 1936 ひとり息子 Hitori musuko 1937 淑女は何を忘れたか Shukujo wa nani wo wasureta ka 1941 戸田家の兄妹 Todake no kyodai 1942 父ありき Chichi ariki 1947 長屋紳士録 Nagaya Shinshiroku 1948 風の中の牝鶏 Kaze no naka no mendori 1949 晩春 Primavera tardía 1950 宗方姉妹 Munekata kyōdai 1951 麥秋 Bakushu 1952 お茶漬けの味 Ochazuke no aji 1953 東京物語 Contos de Tokyo 1956 早春 Soshun 1957 東京暮色 Tōkyō boshokuFilmes en cor 1958 彼岸花 Higanbana 1959 お早よう Bo día 浮草 Herbas errantes 1960 秋日和 Outono tardío 1961 小早川家の秋 Kohayagawa-ke no aki 1962 秋刀魚の味 O sabor do sake

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Digital Ozu The quiet master en The Guardian Ozu's Angry Women por Shigehiko Hasumi Ozu-san.com Páxina web OZU Yasujiro Story

Categoría:Directores de cinema do Xapón Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1963