Primitivo Patricio Blein Costas, nado en 1839 e finado en Vigo o 26 de marzo de 1900, foi un comerciante e político galego, tres veces alcalde de Vigo.
Traxectoria
Fillo de Francisco Blein Costas. Foi emigrante en América. Dono dunha ferretería e almacén de ferro, cobre, latón e outros artigos en Vigo. Foi alcalde de Vigo na Primeira República Española. Logo foi concelleiro dende 1881. Foi alcalde novamente en 1890. E volveu tomar posesión como alcalde de Vigo o 1 de xaneiro de 1894."Por reales órdenes de Gobernación han sido hechos los siguiente nombramientos de alcaldes..." La Correspondencia de España 28/12/1893. Permaneceu no cargo até xullo de 1895. Finou en Vigo o 26 de marzo de 1900.Diario de Pontevedra, 27-3-1900, p. 3.
Vida persoal Casou en segundas nupcias con Julia Budiño Taboada e foi pai de Enrique Blein Budiño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Nados en 1939
Categoría:Finados en 1900