A dinastía Hohenzollern é unha familia de gobernantes alemáns que tivo a súa orixe nunha familia de condes de Suabia, nos séculos XI ou XII.
O seu nome deriva de Zollern, un castelo do século XIII que a familia posuía cerca de Stuttgart.
miniatura|Guillerme II de Alemaña.|288x288px Historia A dinastía foi fundada en 1191 por Frederico I, conde de Zollern.
Membros desta dinastía formaron parte dos electores do Sacro Imperio Romano Xermánico a partir do século XV. 200x200px|miniatura|Coroa dos reis de Prusia.
Desde 1700 construíron unha serie de palacios en Berlín e os seus arredores, tras alcanzar a súa consolidación, encarnada no poderío de Prusia.miniatura|Castelo de Hohenzollern.|200x200px
Con Frederico II o Grande empezou Prusia a aumentar o seu poderío dentro dos Estados alemáns, que se viu consolidado pola figura de Guillerme I de Alemaña, que foi o artífice da creación do Segundo Reich tras a vitoria na Guerra franco-prusiana.
Co fin da primeira guerra mundial terminou tamén o poder da dinastía ao abdicar o káiser Guillerme II.
Os últimos gobernantes da dinastía foron: Guillerme II de Alemaña, destituído en 1918, no curso da Revolución de Novembro, despois da primeira guerra mundial, e Miguel I de Romanía, destituído en 1947, despois da segunda guerra mundial, cando Romanía se declara un estado socialista (a República Socialista de Romanía).
Actualmente Xurxo Frederico, Príncipe Real de Prusia, Príncipe Imperial de Alemaña, é o Xefe da Casa Real e Imperial de Prusia e de Alemaña desde 1994, aínda que non ocupa trono ningún.
Títulos ostentados por membros da dinastía
Emperador de Alemaña Rei de Prusia Rei de Romanía Príncipe de Hohenzollern-Hechingen Príncipe de Hohenzollern-Sigmaringen Príncipe de Neuchâtel Duque de Prusia Conde de Zollern Conde de Hohenzollern Conde de Hohenzollern-Haigerloch Conde de Hohenzollern-Hechingen Margrave Elector de Brandeburgo Burgrave de Núremberg Margrave de Ansbach miniatura|Escudo de armas real, ampliado, de Prusia. Ramas menores Hohenzollern-Hechingen (extinta) Hohenzollern-Sigmaringen Hohenzollern-Haigerloch (extinta) Casa Real de Romanía
Dinastía Hohenzollern miniatura|center|700px|Táboa da Dinastía Hohenzollern
Véxase tamén
Outros artigos Brandeburgo Zollern Hohenzollern-Haigerloch Hohenzollern-Hechingen Hohenzollern-Sigmaringen Prusia Ducado de Prusia Reino de Prusia Imperio alemán
Ligazóns externas Preussen.de — Sitio web oficial da Dinastía Hohenzollern ,
Categoría:Monarcas Categoría:Historia de Alemaña Categoría:Familias reais