Raymond Nicholas Kienzle, nado en Galesville (Wisconsin) o 7 de agosto de 1911 e finado en Nova York o 16 de xuño de 1979 foi un director de cinema estadounidense, coñecido como Nicholas Ray.

Traxectoria Estudante errático con tendencia á delicuencia e ao alcoholismo, pasou parte da súa adolescencia coa súa irmá máis vella en Chicago. No instituto amosou a súa capacidade de oratoria, conseguindo tamén boas notas en inglés, pero fracasando noutras materias, o que o levou a graduarse no posto 152 dunha promoción de 153 alumnos. Comezou a estudar na University of Chicago en 1931, pero só estivo un semestre polas malas notas e o exceso da bebida. Porén, fixo amizade con Frank Lloyd Wright e Thornton Wilder.

En 1946 dirixiu a súa primeira e única obra de Broadway, Beggar's Holiday, musical de Duke Ellington. O ano seguinte dirixiu o seu primeiro filme, que non obstante tardou dous anos en ser estreado polas caóticas condicións de Howard Hughes.

A súa etapa máis produtiva e triunfal foi na década de 1950, na que dirixiu as súas obras máis recoñecidas, Johnny Guitar e Rebelde sen causa. Porén, os seus problemas coas drogas e o alcohol acabaron por apartalo de Hollywood. Tras desmaiarse durante a rodaxe de 55 días en Pequín en 1963 foi despedido e non volveu dirixir ata mediados da década de 1970.

Pouco tempo antes da súa morte colaborou con Wim Wenders en Lightning Over Water, obra semidocumental sobre o propio Ray.

Filmografía AnoTítulo1949 Os amantes da noite1949 Chamade a calquera porta 1949 Un segredo de muller1949 Roseanna McCoy 1950 In a Lonely Place1950 Nacida para o mal 1951 Flying Leathernecks1952 A casa en sombras1952 Unha aventura en Macau (sen acreditar) 1952 The Lusty Men1954 Johnny Guitar1955 Procura o teu refuxio 1955 Rebelde sen causa1956 Hot Blood 1956 Bigger Than Life1957 The True Story of Jesse James 1957 Amère victoire1958 Party Girl 1960 The Savage Innocents 1961 Rei de reis1963 55 días en Pequín 1976 We Can't Go Home Again 1978 Marco1980 Lightning Over Water

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Senses of Cinema: Great Directors Critical Database Fotografías de Mark Goldstein Artigo en The New Yorker

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Galesville, Wisconsin Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá