American Hustle é un filme estadounidense dirixido por David O. Russell que se estreou no 2013. O guión, escrito por Eric Warren Singer e Russell, está vagamente baseado nunha operación do FBI de finais dos anos 1970 e comezos dos 1980. Está protagonizado por Christian Bale e Amy Adams como dous timadores que son forzados por un axente do FBI (Bradley Cooper) a colaborar nunha operación que ten como obxectivo descubrir políticos corruptos, incluído o alcalde de Camden, Nova Jersey, (Jeremy Renner). Jennifer Lawrence interpreta a impredecible muller do personaxe de Bale.
Sinopse Estado de Nova York, anos setenta. Irving Rosenfeld (Christian Bale), un espelido estafador, e a súa intelixente e sedutora compañeira Sydney Prosser (Amy Adams) vense na obriga de traballar para un axente do FBI, Richie DiMaso (Bradley Cooper), que sen querelo os arrastra ó perigoso mundo da política e da mafia de Nova Jersey.
Personaxes Christian Bale como Irving Rosenfeld Bradley Cooper como Axente do FBI Richard "Richie" DiMaso Amy Adams como Sydney Prosser / Lady Edith Greensly Jeremy Renner como Alcalde Carmine Polito Jennifer Lawrence como Rosalyn Rosenfeld Louis C.K. como Stoddard Thorsen Jack Huston como Pete Musane Saïd Taghmaoui como Xeque árabe de Irving Michael Peña como Paco Hernandez / Sheikh Abdullah Shea Whigham como Carl Elway Erica McDermott como Carl Elway's Assistant / Addie Abrams Alessandro Nivola como Anthony Amado Elisabeth Röhm como Dolly Polito Colleen Camp como Brenda Paul Herman como Alfonse Simone Anthony Zerbe como Senador de Nova Jersey Robert De Niro (sen acreditar) como Victor Tellegio
Galardóns e nomeamentos 2013: Premios Oscars: 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme, director, actor e actriz. 2013: Globos de Ouro: 3 premios, incluíndo mellor filme comedia. 7 nomeamentos. 2013: Premios BAFTA: 3 premios. 10 nomeamentos. 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme, guión, actriz secundaria (Jennifer Lawrence). 2013: Critics Choice: 4 premios, incluíndo mellor comedia. 13 nomeamentos. 2013: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano. 2013: Satellite Awards: 8 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director. 2013: Sindicato de Guionistas (WGA): Nomeado a mellor guión orixinal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David O. Russell Categoría:Filmes ambientados en Nova Jersey Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Atlas Entertainment Categoría:Filmes de Annapurna Pictures Categoría:Filmes rodados no estado de Nova York Categoría:Filmes rodados en Massachusetts Categoría:Filmes ambientados en 1978 Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C. Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre políticos Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical