Roberto I, nado en torno a 865 e finado o 15 de xuño de 923 en Soissons, foi rei da Francia Occidental dende o ano 922 ata a súa morte.

Traxectoria Fillo do Conde Roberto de Anjou e irmán do Rei Eudes, participou xunto co seu irmán na defensa de París ante o ataque viquingo de 885, e cuxa vitoria lle valeu a seu irmán o trono de Francia Occidental. Non se postulou coma sucesor do seu irmán, sendo recoñecidos os seus cargos militares e posesións territoriais coma Conde de París por Carlos III, permaneceu no norte de Francia encargado da defensa dos ataques viquingos.

No ano 921 parte da nobreza franca e o clero levantáronse contra Carlos III O Simple, entre os que se atopaba Roberto. Carlos III foi derrotado e tivo que retirarse a Lotarinxia, polo que Roberto I foi coroado en Reims o 30 de xuño de 922. Porén o rei deposto reuniu un exército e enfrontouse a Roberto I o 15 de xuño de 923 preto de Soissons, onde Roberto foi asasinado.

Carlos tampouco puido recuperar o trono e foi confinado, unha asemblea de nobres escolleu a Raúl, Conde de Borgoña, coma sucesor, Raúl I de Francia.

Descendencia Tivo dúas esposas: Adela de Maine, da que tivo unha filla. Adela, casada en 907 co Conde Herberto II de Vermandois. Beatriz de Vermandois, filla do Conde Herberto I de Vemandois, tataraneto de Carlomagno, con que tivo tres fillos: Emma (894-934), casada con Raúl I de Francia. Hugo o Grande (898-956), o seu sucesor coma Conde de París e Duque de Francia. Riquilda.

Véxase tamén

Outros artigos Hrolf Ganger. Ligazóns externas Reis de Francia

Categoría:Reis de Francia Categoría:Nados en 865 Categoría:Finados en 923