A literatura grega é aquela que foi escrita por autores autóctonos de Grecia e áreas xeográficas de influencia grega (e.g. Magna Grecia no período clásico, diversos lugares de fala grega durante o Imperio Otomán ou Chipre). Estas obras están frecuentemente compostas nalgún dos dialectos gregos, pero non necesariamente. Esténdese ao longo de todos os períodos históricos nos que existiron escritores gregos. Literatura grega antiga (anterior ao 300)
Grego clásico miniatura|Busto dobre de Homero e Menandro. Copia romana dun orixinal grego perdido. A literatura grega clásica comprende aquela literatura escrita en grego antigo desde os máis antigos vestixios escritos en lingua grega ata o século IV e o auxe do Imperio bizantino. Comezos da literatura grega: a poesía épica Homero, autor da Ilíada e a Odisea. Atribuíronselle ademais unha serie de Himnos, a Batracomiomaquia e O Marxites. Hesíodo (cara á segunda metade do século -VIII): Traballos e días, poema didáctico; Teogonía, exposición da xenealoxía dos deuses gregos, O escudo de Heracles.
Poesía lírica Nace entre os séculos século -VII e -VIII Os eruditos alexandrinos falan do canon dos Nove poetas líricos como de algo xa establecido: Alcmán de Esparta, Safo, Alceo de Mitilene, Anacreonte, Estesícoro, Íbico, Simónides de Ceos, Píndaro e Baquílides. Pero a nómina é moito máis ampla:
Calino, o máis antigo dos elexíacos gregos. Alcmán (en torno ao -630), autor dos partenios. Arquíloco (-712 - circa -664), que perfeccionou o verso do iambo, que se usaba para a crítica satírica. Safo (c. -650 - -580), coa súa Oda a Afrodita e Ao amado. Tirteo (século -VII), autor de Elexías dedicadas aos combatentes na segunda guerra de Mesenia. Mimnermo de Colofón, do século -VII. Alceo de Mitilene (c. -630 - circa -580). Anacreonte (-572 - -485), cantor dos praceres da mesa, o viño e o amor. Píndaro (-518 - -438), autor de Epinicios sobre os vencedores dos xogos gregos, divididos en catro series: Olímpicas, Píticas, Ístmicas e Nemeas. Xenófanes, poeta filosófico. Focílides, poeta gnomónico ou sapiencial. Teognis, cantor da vida aristocrática. Solón, o lexislador, quen tamén escribiu poesía moral. Simónides de Ceos, autor de lírica coral, quen afirmaba que a poesía é pintura que fala e a pintura poesía muda. Baquílides, autor de himnos aos deuses e epinicios. Íbico, cantor de amores homosexuais. Estesícoro, o poeta dos mitos.
Traxedia e comedia antiga
miniatura|Odeón de Mesene. No século -V, era clásica, xorde o drama a partir dos misterios dionisíacos. Dos centenares de traxedias escritas e interpretadas durante a época clásica, só sobreviviu un número limitado de obras:
Esquilo (-525--456), considerado creador da traxedia. Obras: Os persas, Os sete contra Tebas, As suplicantes e a triloxía A Orestíada (Agamenón, As Coéforas, As Euménides). Sófocles (-495--406), limitou o coro, aumentou a tres os actores, co que deu maiores posibilidades ao diálogo. Consérvanse sete traxedias completas: Antígona, Edipo Rei, Áiax, As Traquinias, Filoctetes, Edipo en Colono e Electra. Eurípides (-485--406). Gran penetración psicolóxica dos personaxes. Obras: Alcestis, Medea, Heraclidas, Hipólito, Andrómaca, Hécuba, Suplicantes, Electra, Heracles, Troianas, Ifixenia en Táuride, Ión, Helena, Fenicias, Orestes, As Bacantes e Ifixenia en Áulide.
Igualmente, a Comedia antiga xurdiu do culto a Dioniso, pero neste caso as obras estaban cheas dunha franca obscenidade, abusos e inxurias. Autor destacado foi: Aristófanes (-444--385). Aristócrata, ataca a charlatanería, tanto filosófica como política. Os cabaleiros, As nubes (contra os filósofos), As avespas, As aves, Lisístrata (contra a guerra), As ras, A asemblea das mulleres.
Historia
miniatura|Busto de Heródoto. Copia romana dun orixinal grego perdido. Dous dos máis influentes historiadores que floreceron durante a era clásica grega: Heródoto (-484 - -425). Cicerón chamouno o pai da historia. Escribiu Os nove libros de historia. Tucídides (c.-460 - c. -396). Xeneral (strategós) durante a guerra do Peloponeso e autor da Historia da Guerra do Peloponeso.
Un terceiro historiador, Xenofonte (-431 - -354 ), comezou as súas Helénicas onde Tucídides cesara a súa narración da guerra do Peloponeso (ao redor do -411), e proseguiu a historia ata o -362. Outras obras súas son Apoloxía de Sócrates e Ciropedia ou Educación de Ciro. A súa obra máis coñecida é a Anábase: Xenofonte acompañou cun exército mercenario ao príncipe persa Ciro o Mozo contra Artaxerxes II. Trala derrota de Cunaxa, dirixiu a retirada dos Dez Mil.
Prosa Os maiores logros na prosa do século -IV prodúcense na filosofía. Entre todos os filósofos, sobresaen tres nomes: Sócrates (-470 - -399), Platón (-427 - -347), e Aristóteles (-384 - -322).
Xorden entón os grandes oradores: Isócrates (-436 - -338). Foi discípulo de Sócrates. Partidario da unión nacional fronte aos persas. 21 discursos e 9 epístolas. Iseo (-390 - -340). Mestre de Demóstenes. Esquines (-389 - -314). Apoiou a alianza de Atenas con Filipo II de Macedonia para crear un imperio grego contra os persas. Rival de Demóstenes. Contra Ctesifonte, Contra Timarco, Da embaixada. Lisias, (-458 - -380), mestre da oratoria xudicial. Demóstenes (-384--322) Inimigo de Filipo II de Macedonia, contra el dirixiu as súas Olínticas e Filípicas. Cando o xeneral macedonio Antípatro tomou Atenas, fuxiu á illa de Calauria, onde se suicidou.
Helenismo
En -338 todas as cidades estado gregas, non sendo Esparta, foran conquistadas por Filipo II de Macedonia. O fillo de Filipo, Alexandre Magno, estendeu enormemente o territorio conquistado polo seu pai. A cidade de Alexandría no norte de Exipto converteuse, desde o século -III, no centro destacado da cultura grega. Poesía grega tardía Floreceu durante o século -III: Teócrito (c. -310 - c. -260) coa súa poesía bucólica ou pastoril representada polos 39 Idilios; Epigramas. Os seus discípulos Bión e Mosco. Calímaco (-310--240). Apolonio de Rodas (-295-215).
Outros xéneros miniatura|200px|right|Columna en caracteres unciais do texto de Esdras da Septuaginta. Timeo de Tauromenio (c. -350 - c. -260). Historiador grego nado en Sicilia. Menandro (-342 - -292) representa a comedia nova. Foi moi imitado por Plauto e Terencio. Só se conserva íntegra O misántropo. Eratóstenes (-276--194). Escribiu sobre astronomía e xeografía, pero a súa obra coñécese sobre todo por resumos posteriores. Aristarco de Samotracia (c. -216--145), gramático e filólogo. Foi director da Biblioteca de Alexandría. Destaca pola anotación e corrección dos poemas homéricos. Luciano (125-181) representa o diálogo de carácter satírico. Diálogos dos deuses, Diálogos dos mortos, Diálogos das cortesás. Conto: O asno.
Unha das máis valiosas contribucións do período helenístico foi a tradución do Antigo Testamento ao grego. A súa redacción levouse a cabo entre os anos -250 e -150, en Alexandría. Chámana Septuaginta. Este nome de Setenta débese a que a tradición xudía, recollida atribúea a súa tradución a 72 sabios xudeus (seis de cada tribo) en 72 días.
Época romana (146 - 395) En -146 Roma conquista Grecia e convértea nunha provincia do Imperio romano primeiro e do Imperio Romano de Oriente despois. Historiadores Os historiadores máis significativos da época posterior a Alexandre o Grande foron: Polibio (-200--118). Diodoro de Sicilia ou Diodoro Sículo (século -I). Escribiu Bibliotheca Historica, en 40 volumes. miniatura|Manuscrito bizantino do século XII no que está escrito o xuramento hipocrático en forma de cruz. Biblioteca Vaticana. Dionisio de Halicarnaso (falecido sobre o -7). Antigüidades romanas. Apiano (mediados do século II). Plutarco (c. 46 - c. 120). Vidas paralelas. Flavio Arriano (c. 95 - 175). Anabase de Alexandre Magno. Novela bizantina
Desenvolveuse durante os séculos II e III, aínda que a datación exacta das obras é controvertida. Caritón de Afrodisias. Foi o autor de Quéreas e Calirroe. Considérase a primeira das conservadas. Heliodoro de Émesa (principios do século III). Iniciador da novela bizantina, de amores e aventuras, coas Etiópicas ou Teáxenes e Cariclea. Longo. Escribiu Dafnis e Cloe. É a máis coñecida e editada destas novelas. Xenofonte de Éfeso. Autor de Efesíacas ou Habrómes e Antia. Aquiles Tacio. (c. século III). Escribiu Leucipa e Clitofonte.
Outros xéneros O médico Galeno (131-201) é o personaxe máis significativo da Medicina antiga logo de Hipócrates, que estableceu as bases da medicina no século -V.
Literatura bizantina (395-1453)
miniatura|Comezo do evanxeo de Lucas nun manuscrito bizantino de principios do século XI. A literatura bizantina é a escrita en grego medieval, durante a hexemonía do Imperio bizantino. É expresión da vida intelectual da parte helenizada do Imperio romano de Oriente durante a Idade Media cristiá. Combina civilización grega e cristiá sobre o fundamento común o sistema político romano, situado na atmosfera intelectual e etnográfica do Oriente Próximo.
A literatura bizantina parte de catro elementos culturais distintos: o grego, o cristián, o romano e o oriental, cuxo carácter combinar. A imaxinación oriental envolve as achegas da cultura intelectual helenística, a organización gobernamental romana e a vida emocional do cristianismo. Romano o Mélodo (século V). Poesía relixiosa. Xurxo de Pisidia (século VII). Poesía épica. Expedición de Heraclio contra os persas. Procopio de Cesarea (século VI). Historia das guerras, Historia secreta. Teófanes o Confesor. Historiador. Gregorio Palamás (1296-1359). Teólogo e filósofo. Prosopopea, Teófanes e as Tríades.
Literatura grega moderna (posterior a 1453) miniatura|Exemplo contemporáneo de antiga escritura grega.
A literatura grega moderna é aquela escrita en grego moderno desde o século XV. Vitsentzos Kornaros (ou Vincenzo Cornaro, 1553-1613). Escribiu o poema épico romántico Erotókritos, obra mestra deste período, e quizais o maior logro da literatura grega moderna. Jakovakis Rizos Neroulos. Autor da sátira Korakistika (1819), dirixida contra o intelectual grego Adamantios Koraís, exemplifica a Ilustración grega e emerxente nacionalismo. Adamantios Koraís (Coraïs) (1748-1833).
Literatura contemporánea miniatura|Epitafio na tumba de Nikos Kazantzakis. Tradución: Non espero nada, non temo nada, son libre. No século XIX, coa independencia de Grecia, prodúcese un renacemento da súa literatura:
Rigas Feraios. Tamén coñecido como Rigas Velestinlis e Constantine Rhigas. Pseudónimo de Antonios Kyriazis. (1757 - 1798). Poeta revolucionario grego. Dionisos Solomos (1798 - 1857). Poeta grego coñecido polo seu Himno á Liberdade (en grego, Imnos eis tin Eleftherian, 1823).
Xa no século XX:
Alexandros Papadiamantis (1851 - 1911). Constantino Cavafis (1863-1933). Jean Moréas (1856-1910). Pseudónimo de Jannis Papadiamantopoulos. Poeta francés de orixe grega. Simbolista primeiro, evolucionou cara a unha actitude máis clásica. Estancias. Kostis Palamas (1859-1943). Próximo ao parnasianismo. A morte do palikari . Nikos Kazantzakis (1883-1957). Odisea, Zorba o grego, Cristo de novo crucificado, A última tentación de Cristo, O pobriño de Deus. Angelos Sikelianos (1884-1951). Afrodita urania. Giorgos Seferis (1900-1971). Pseudónimo de Yorgos Stylianos Seferadi. Días, Seis noites na Acrópole, Mithistórima. Premio Nobel de Literatura en 1963. Yannis Ritsos (1909-1990). Grecidade e outros poemas, A olla afumada, De papel. Odysseas Elytis (1911-1996). Pseudónimo de Odysseas Alepoudelis. Poeta. O sol primeiro, Dignum est, O Sol soberano. Premio Nobel de Literatura en 1979. Takis Sinopoulos (1917-1981). Poeta grego. Kikí Dimulá (1931-2020). Poetisa grega, considerada unha das meirandes voces da literatura contemporánea do seu país, traducida a varias linguas. Nicos Poulantzas (1936-1979). Clases sociais e alianzas polo poder, A Crise das ditaduras: Portugal, Grecia, España; Estado, poder e socialismo.