Pedro Madeira é un cantante portugués nado en Vendas Novas, no distrito de Évora, en Portugal. Pedro Madeira venceu na preselección nacional para representar a Portugal no Festival de Eurovisión Júnior 2006 en Romanía coa canción "Deixa-me sentir". Ademais de cantar, Pedro tamén toca o piano e a viola, e é o compositor da maioría dos seus temas. En 2007, lanzou o seu primeiro álbum, Dá-me a tua mão, e xa en 2008 comezou o súa primeira xira por Portugal.

Traxectoria 1992-06: Inicio Pedro Madeira naceu o 11 de novembro de 1992 e é natural de Vendas Novas. Fillo de mestres, dende cedo demostrou unha forte vertente musical que ten expresado nas clasesde piano, o seu instrumento principal, e no coro Oficina do Canto de Montemor-o-Novo, do cal foi integrante durante dous anos.

2006: Festival da Eurovisión Júnior A súa primeira oportunidade no mundo da música xurdiu en 2006, coa posibilidade de participar no Festival de Eurovisión Júnior 2006. Nesa época comezou a compoñer, xunto cun profesor, a música coa que saíu vencedor, “Deixa-me sentir”. Nese mesmo ano, o 2 de decembro, representou a Portugal en Romanía, país anfitrión do Festival de Eurovisión Júnior 2006.

2007-09: Dá-me a tua mão e Viagem Após o Festival de Eurovisión Júnior 2006, Vidisco e a RTP lanzaron o primeiro álbum de Pedro Madeira, Dá-me a tua mão, que incluía a canción "Deixa-me sentir". O álbum incluía cancións propias compostas por el e versións doutras cancións.

En 2009, lánzase o primeiro EP do cantante, Viagem, no que aparecía por primeira vez a canción "Descobre-me", un dos seus éxitos máis importantes. Este EP daría lugar ao segundo álbum do cantante no 2012.

2012-15: Onze e De Lisboa para ti En febreiro de 2012, Pedro Madeira lanza Onze, o seu segundo álbum de estudio, que inclúe a canción de Viagem "Descobre-me" e catro sinxelos máis.

O domingo 12 de outubro de 2014 sale o terceiro álbum, titulado De Lisboa para ti. A partir da saída do álbum, iniciou unha xira que percorreu Portugal, Madeira e Angola.

O 24 de abril de 2015 foi unha das actuacións do Especial 22º Aniversario da TVI de Portugal.

2016-actualidade A finais de setembro de 2016 lanza un sinxelo totalmente diferente, cun estilo máis Pop chamado "Há Mais Em Ti", seguido doutro chamada "Mas eu não vou", mais sen novas dun novo álbum.

En setembro de 2018 a RTP anuncia que Pedro Madera formará parte do xurado de 'Juniores', a pre-selección de Portugal para o Festival de Eurovisión Júnior 2018.

Discografía Álbums Título Detalles do álbum Dá-me a tua mão Data de lanzamento: 17 de outubro de 2007 Selo: Vidisco Formato: CD, Dixital Dá-me a tua mão na iTunes Store Viagem Data de lanzamento: 2009 Selo: Vidisco Formato: CD Onze Data de lanzamento: febreiro de 2012 Selo: Nucafe Records Formato: CD, Dixital Onze na iTunes Store De Lisboa para ti Data de lanzamento: 12 de outubro de 2014 Selo: Jadaugy Records Formato: CD, Dixital De Lisboa para ti na iTunes Store

Sinxelos Ano Sinxelo Álbum 2006 Deixa-me sentir "Dá-me a tua mão" 2009 Descobre-me "Viagem" 2010 Tempo para viver "Onze" 2012 Inflamável Dueto O Rapaz do Piano 2013 A Lenda "De Lisboa para ti" Aprendiz 2014 LX 2015 Relógio 2016 Há Mais Em Ti rowspan="2" 2017 Mas Eu Não Vou

Notas

Categoría:Pedro Madeira Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Nados no distrito de Évora Categoría:Representantes de Portugal en Eurovisión Júnior Categoría:Nados en 1992