Bartolomeu, chamado Natanael (Natan-el bar Tholmai, "Natanael, fillo de Ptolemeo"; en arameo: תולמי-בר, bar-Tôlmay; en grego: Βαρθολομαίος Bartholomaíos), nado en Caná (Galilea) a comezos do século I e finado na Armenia, foi segundo o Novo Testamento, un dos doce Apóstolos de Xesús Cristo. É venerado coma santo en toda a cristiandade.

Traxectoria Fillo dun cananeo chamado de Ptolemeo, o seu nome real semella que era Natanael (en arameo Natan-el bar Tholmai). De aquí o nome "bar-Tolmay", en galego Bartolomeu, que significa fillo de Ptolemeo.

Segundo o Novo Testamento, veu a Xesús de Nazaret resucitado no Lago Tiberiades e foi testemuña da súa ascensión ao ceo. Segundo Eusebio de Cesarea, Bartolomeu foi a predicar á India e, con Xudas Tadeu, predicou na Armenia, por iso son os patróns da Igrexa Apostólica Armenia.

O seu final foi dos máis crueis entre os apóstolos, xa que foi esfolado vivo e, finalmente, decapitado.

Veneración Conmemóraselle o 24 de agosto. Polo seu martirio é patrón de oficios relacionados co traballo da pel, coma os curtidores, e adobadores.

Véxase tamén

Outros artigos Igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra Igrexa de San Bartolomeu Apóstolo (Caná) Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Bartolomeu

Notas

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia Categoría:Apóstolos Categoría:Mártires Categoría:Executados por crucifixión