miniatura|300px|Kleinschmidt no seu VW Touareg no Dakar 2005. Jutta Kleinschmidt, nada en Colonia o 29 de agosto de 1962, é unha xornalista e piloto de rallys alemá, coñecida por ser a primeira muller que conseguiu gañar o Rally Dakar, ao logralo en 2001. É ademais a única muller, e a única alemá de calquera xénero, en conseguir o triunfo final na categoría de coches.

Traxectoria Estudou física e enxeñería ata 1986, realizando a tese en BMW. Desde 1987 ata 1992, traballou para esta mesma empresa, no departamento de deseño de vehículos. Desde 1993, compaxina os traballos de piloto e instrutora.

Carreira deportiva miniatura|300px|Kleinschmidt no seu BMW X3 CC no Dakar 2007. 1987 Compite no Rally dos Faraóns, na que é a súa primeira participación nunha proba de rally, pilotando unha motocicleta.

1988 Primeira participación no Rally Dakar, na categoría de motos.

1992 Motos 1ª na clasificación feminina do Rally París-Cidade do Cabo. 1ª na clasificación feminina do Rally dos Faraóns 1ª nas 24 horas de Clermont-Ferrand. Coches Primeiras participacións en carreiras de coches de longa duración, nas 24 horas de Nurburgring e as 24 horas de Spa Francorchamps.

1993 Motos 4ª na clasificación xeral do Rally dos Faraóns. Coches Primeira participación en rallys na categoría de coches, como copiloto de Jean Louis Schlesser.

1994 Motos 1ª na clasificación feminina do Rally París-Cidade do Cabo, en motos. 1ª na clasificación feminina do Rally dos Faraóns, en motos, e 5ª na clasificación xeral. Coches 1ª na clasificación xeral da UAE Desert Challenge, en coches. 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup, en categoría de dúas rodas motrices.

1995 Coches 2ª na Copa do Mundo de Campo a través en categoría de dúas rodas e 7ª na categoría global.

1996 Motos 1ª na clasificación feminina da Australian Safari and Desert Challenge. Coches 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup, en categoría de dúas rodas motrices.

1997 Motos 5ª na clasificación do Rally Dakar e dúas vitorias de etapa, converténdose na primeira muller en conseguilo. Coches 1ª nas 24 horas de Nurburgring.

1998 Vitoria de etapa no Rally Dakar.

1999 3ª no Rally Dakar e dúas vitorias de etapa. Convértese na primeira muller en liderar a proba e terminar no podio. 4ª na FIA Cross-Country Rally World Cup. 4ª no Rally de Tunisia. 4ª na Baixa de Italia. 3ª na UAE Desert Challenge.

2000 5ª no Rally París-Dakar 2ª no Rally de Tunisia 2ª na Baixa de España 2ª no Rally Master 2ª no Rally polas Pampas 4ª no Rally de Marrocos 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup

2001 1ª no Rally París-Dakar. 1ª na Baixa de Italia 2ª no Rally de Marrocos 2ª na Baixa de Portugal 2ª no Rally Master 2ª no Rally polas Pampas 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup

2002 2ª no Rally Dakar.

2003 8ª no Rally Dakar. 3ª na Baixa de Alemaña.

2005 3ª no Rally Dakar 3ª no Rally polas Pampas 3ª no Rally de Marrocos 2ª na Baixa de Portalegre.

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Jutta Kleinschmidt Jutta Kleinschmidt, a raíña do Dakar Serie de 4 artigos

Categoría:Pilotos de rally de Alemaña Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Colonia