Gene Eliza Tierney, nada en Nova York o 19 de novembro de 1920 e finada en Houston o 6 de novembro de 1991 foi unha actriz estadounidense.
Traxectoria Cando era moza viviu dous anos en Suíza aprendendo francés. Volveu ao seu país en 1938. Durante unha viaxe á costa oeste visitou o estudio Warner Bros. O director Anatole Litvak viuna e quedou impresionado coa súa beleza, suxeríndolle que se convertese en actriz. A Warner quixo asinar un contrato, pero os seus pais negáronse. Pouco despois, aburrida da alta sociedade á que pertencía, decidiu iniciar unha carreira como actriz, estudando en Nova York.
A súa carreira profesional iniciouse en Broadway ese mesmo ano. O pai de Tierney creou unha compañía, Belle-Tier para promover a súa carreira. En 1939 asinou con Columbia Pictures un contrato por seis meses. Coñeceu a Howard Hughes, que tratou de seducila sen éxito. Porén foron amigos moitos anos. Despois de que a Columbia non conseguise atopar papeis para ela volveu ao teatro.
Finalmente, debutou no cinema en 1940 na 20th Century Fox. O seu papel máis famoso foi o do filme Laura, en 1944. Cando rematou o seu contrato en 1952 interpretou a Marya Lamarkina en Never Let Me Go, rodada en Inglaterra con Clark Gable. Tierney rodou outro filme en Europa, durante o que comezou unha relación co príncipe Aly Khan, pero o seu pai, Aga Khan III, opúxose ao matrimonio.
Debido a tristes sucesos, como o nacemento dunha filla con discapacidade mental, Tierney sufriu episodios de depresión. En 1955 ingresou no Harkness Pavilion en Nova York e logo en The Institute of Living en Hartford, Connecticut, onde recibiu tratamentos de electroshock. Máis tarde converteuse en voceira en contra deste tratamento, indicando que ela perdera memoria. En 1957 subiu á terraza do edificio da súa nai e estivo aló vinte minutos, no que se considera un intento de suicidio. Tras este episodio volveu ser ingresada en Topeka, Kansas.
Regresou ao cinema en 1962, recibindo de novo boas críticas, pero dous anos máis tarde retirouse e traballou unicamente na televisión ata 1980. En 1960 casou co empresario petroleiro W. Howard Lee que acababa de divorciarse de Hedy Lamarr.
Filmografía Ano Filme 1940 The Return of Frank James 1941 Hudson's Bay 1941 Tobacco Road 1941 Belle Starr 1941 Sundown 1941 The Shanghai Gesture 1942 Son of Fury: The Story of Benjamin Blake 1942 Rings on Her Fingers 1942 Thunder Birds 1942 China Girl 1943 Heaven Can Wait 1944 Laura 1945 A Bell for Adano 1945 Que o ceo a xulgue 1946 Dragonwyck 1946 The Razor's Edge 1947 O fantasma e a señora Muir |- | 1948 | The Iron Curtain|- | 1948 | That Wonderful Urge|- | 1949 | Whirlpool|- | 1950 | Night and the City|- | 1950 | Where the Sidewalk Ends|- | 1951 | The Mating Season|- | 1951 | On the Riviera|- | 1951 | The Secret of Convict Lake|- | 1951 | Close to My Heart|- | 1952 | Way of a Gaucho|- | 1952 | Plymouth Adventure|- | 1953 | Never Let Me Go|- | 1953 | Personal Affair|- | 1954 | Black Widow|- | 1954 | The Egyptian|- | 1955 | The Left Hand of God|- | 1962 | Advise and Consent|- | 1963 | Toys in the Attic|- | 1963 | Las cuatro noches de la luna llena|- | 1964 | The Pleasure Seekers''
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina oficial
Fotografías
Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Brooklyn Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1991