Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Edición da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.
Trama miniatura|A sedución de Merlín, cadro de Edward Burne-Jones usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).
No castelo de Tintagel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther Pendragon, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace Artur. Anos despois, Merlín fai que Artur case con Xenebra, co propósito de convertelo en caudillo dos celtas en Britania e acadar a cristianización do seu pobo.
Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Avalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Camelot para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenebra non é tal, posto que Xenebra está namorada de Lanzarote do Lago e Artur da súa irmá.
Narración A novela, escrita en terceira persoa, alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as Crónicas de Ávalon. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das Crónicas pretenden dar unha visión máis obxectiva.
A trama entronca coa Materia de Bretaña e co mundo fabuloso da terra de Miranda descrito por Álvaro Cunqueiro en Merlín e familia. Con todo, esta é unha novela que pretende botar sobre o asunto unha mirada feminina, resaltando o papel de Viviana e Morgana fronte ás pretensións de Merlín"Morgana en Esmelle", artigo sobre o libro na revista Andaina nº 60, xaneiro de 2012..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web de Editorial Galaxia.
Categoría:Obras literarias de 2012 Categoría:Novelas en galego Categoría:Materia de Bretaña na literatura galega Categoría:Editorial Galaxia