miniatura|Estatua de San Froilán na Catedral de Lugo. Froilán é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán e co aragonés. De orixe xermana, do antigo Froilanen, acusativo de Froila, do gótico fraujis («amo, señor»), de onde deriva froi, xunto ao diminutivo ila, polo que significa «pequeno señor». En galego tamén ten a variante Froila.
En xaneiro de 2023 existían 44 varóns en Galicia co nome Froilán, cunha media de idade de 39,1 anos.Nome Froilán na Web do Instituto Galego de Estatística Non hai persoas rexistradas coa variante Froila.
Historia Nome galego usado no antigo Reino de Galicia, pasou de aí a outras linguas da Península Ibérica.
Onomástica 5 de outubro: San Froilán, relixioso galego, patrón de Lugo e bispo de León. Nesas datas son tamén as Festas de San Froilán de Lugo.
Variantes Variantes noutras linguas Aragonés FroilánEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano Froila, Fruela Castelán Froilán Catalán Froilà Checo Froilan Éuscaro Purlan Francés Froilan Portugués Froilano, Froilão
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Froilán (santo) Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns
Bibliografía
Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe xermánica Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos casteláns