miniatura|225px|dereita|Chía (Salvia hispanica). miniatura|225px|dereita|Flor. A chía (Salvia hispanica) é unha planta herbácea da familia das lamiáceas (coma o liño e a sarxa), nativa de Guatemala e das rexións central e austral mexicanas (e Colombia), coñecida polos seus grans nutritivos: as sementes de chía. Hai evidencia de que os aztecas cultivaban o vexetal en tempos precolombianos presente no Códice Mendoza, datado do século XVI, documento no cal tamén se mencionaba a súa relevancia agrícola na época.CAHILL, Joseph P. (2003) Ethnobotany of Chia, Salvia hispanica L. (Lamiaceae) Economic Botany. Volume 57. Edición 4. 604-618 DOI:10.1663/0013-0001(2003)057[0604:EOCSHL]2.0.CO;2

Máis coñecida pola súa semente, que se comercializa directamente, moída ou en forma de aceite, a chía tamén ten follas que poden ser aproveitadas para infusións. É rica en minerais, aminoácidos esenciais e omega 3. Saliéntase frecuentemente o seu potencial para previr doenzas cardiovasculares, diabetes e até tumores, alén de axudar na perda de peso.

Etimoloxía A palabra chía deriva da palabra do náhuatl chian, que significa "oleoso, aceitoso". Disque o estado mexicano de Chiapas podería ter a orixe do seu nome tamén a partir da lingua náuatle, que significa "auga de chía" ou "río de chía".

É unha das dúas plantas coñecidas como chía, sendo a outra Salvia columbariae, esta tamén denominada chía dourada.

Semente de chía A semente da chía posúe formato oval e "diámetro" de aproximadamente 2 mm. É visibelmente a principal parte da planta nos ámbitos comercial e gastronómico.

Características nutricionais A semente da chía é, ás veces, considerada un alimento funcional dadas as súas características compositivas. O seu efecto mucilaxinoso (o de absorber e reter unha cantidade significativa de auga, como un emulsificante), debido á alta concentración de fibras, fai da chía interesante para quen busca enmagrecer, posto que pode intensificar a sensación de saciedade.

A importancia nutricional da semente de chía óllase na seguinte lista:

Omega 3: a semente da chía é unha das máis ricas fontes coñecidas (tanto entre as vexetais coma entre as animais) do ácido alfalinolénico, un dos ácidos graxos clasificados como omega 3. Calcio: cinco veces a concentración do mineral atopada no leite de vaca. Magnesio: 100 gramos da semente de chía pode conter o mesmo que 200g do mineral presente nas noces ou 1,6 Kg de brócoli, por si só considerados alimentos ricos no nutriente. Manganeso e fósforo: 100 gramos de chía contén 108% do manganeso e 95% do fósforo demandados por un adulto nunha dieta de 2.000 quilocalorías/día. Proteínas: 15% da composición da chía é proteica, sendo os seus aminoácidos, en conxunto, formadores de alto valor biolóxico. Só 28 gramos da semente fornecen 9% da proteína que un adulto demanda, de media. Fibras: a alta concentración de fibras alimenticias (38 gramos de cada 100) fai da chía un aliado do enmagrecemento e na boa dixestión. Antioxidantes: a presenza do flavonoide kaempferol e, en menor cantidade, os ácidos cafeico e cloroxénico presentes provén á chía efecto antioxidante comparábel ao que presenta o Trolox, antioxidante comercial da Hoffmann–La Roche.

Aplicación culinaria A semente de chía, cando se utiliza de maneira integral, pode ter diversos usos culinarios. Úsase coma emulsificante, tornando os líquidos máis próximos dun xel; tamén liga as masas.

Receitas que poden incluír a semente de chía son os pudins, pans, tortas, quiches, mousses, cremas, patés, rissottos, ensaladas de froitas, zumes etc.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Salvia Categoría:Flora de América do Norte Categoría:Plantas medicinais Categoría:Vexetarianismo