Ernestine Jane Geraldine Russell, nada en Bemidji (Minnesota) o 21 de xuño de 1921 e finada en Santa Maria (California) o 28 de febreiro de 2011 foi unha actriz estadounidense coñecida como Jane Russell, unha das grandes sex symbols das décadas de 1940 e 1950.
Traxectoria Filla dun militar e unha actriz, de pequena estudou piano e participou en obras teatrais. Inicialmente desexaba ser deseñadora, pero finalmente traballou como modelo e, por presións da súa nai, estudou interpretación con Max Reinhardt e Maria Ouspenskaya.
En 1940 asinou un contrato con Howard Hughes e fixo o seu primeiro filme, The Outlaw, que se estreou de forma limitada en 1943 por problemas coa censura e o código Hays. Ata que tivo unha estrea comercial en 1946, Russell seguiu traballando como modelo.
Tras o éxito do filme, Russell era coñecida especialmente polo seu físico, que deu lugar a bromas como as frases do seu compañeiro Bob Hope, que a presentou como "the two and only Jane Russell" ou que dixo "Cultura é a capacidade de describir a Jane Russell sen mover as mans". Howard Hughes tamén dixo, "Hai dúas boas razóns polas que os homes van vela. Son abondas." A imaxe de Russell sobre unha morea de palla foi unha popular foto de pin-up.
Os seus principais éxitos tiveron lugar entre 1947 e 1956, especialmente no filme Os cabaleiros prefírenas loiras (1953), con Marilyn Monroe. A partir de 1970 retirouse do cinema e o ano seguinte debutou en Broadway, no musical Company.
Filmografía The Outlaw (1943) Young Widow (1946) The Paleface (1948) His Kind of Woman (1951) Double Dynamite (1951) The Las Vegas Story (film)|The Las Vegas Story (1952) Unha aventura en Macau (1952) Son of Paleface (1952) Montana Belle (1952) Road to Bali (1952) Os cabaleiros prefírenas loiras (1953) The French Line (1954) Underwater! (1955) Foxfire (1955) The Tall Men (1955) Os cabaleiros casan coas morenas (1955) Hot Blood (1956) The Revolt of Mamie Stover (1956) The Fuzzy Pink Nightgown (1957) Fate Is the Hunter (1964) Johnny Reno (1966) Waco (1966) The Born Losers (1967) Darker than Amber (1970)
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
"Jane Russell, A Dedicated Champion for Children", Women's International Center, WIC.com. Jane Russell, Virtual Film History.
Categoría:Actores de Minnesota Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de Minnesota Categoría:Modelos femininas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Minnesota Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 2011