Cómpre non confundir esta Xunta coa Xunta Suprema Central
A Xunta Suprema de Goberno foi un órgano de rexencia instituído o 10 de abril de 1808 polo rei Fernando VII de España, que sería a encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia, cando tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón, nomeando ao seu tío o infante Antonio Pascual como presidente.
Despois da fuxida deste cara a Baiona o 4 de maio de 1808, foi presidida polo xeneral Murat, Lugartenente de Napoleón en España, até a retirada do exército francés do país.
Presidencia do infante Antonio Pascual
miniatura|El infante Antonio Pascual, óleo sobre lenzo. Esbozo para La Familia de Carlos IV. Francisco de Goya, 1800. Museo do Prado.
Cando o 10 de abril de 1808 o novo rei de España Fernando VII, non recoñecido polo seu pai Carlos IV, despois do golpe de Estado que pasou á historia co nome de Motín de Aranjuez, tivo que viaxar a Francia convocado por Napoleón (e onde foi un dos principais protagonistas do lamentábel espectáculo das abdicacións de Baiona) o seu tío Antonio Pascual quedou en Madrid como presidente da Xunta Suprema de Goberno encargada de dirixir os asuntos do reino na súa ausencia.Antonio Pascual de Borbón en Biografías y Vidas. Consultada o 5 de maio de 2014.Del Infante Antonio Pascual a Miguel Sebastián en "As de bastos", blog do periodista e historiador e político do Partido Poular Juan Van-Halen. Consultado o 5 de maio de 2012.
Pero pouco tempo aguantou no cargo. Cando o infante veu que Madrid non era sitio seguro debido á agresividade das tropas francesas do mariscal Murat, gran duque de Berg, cuñado de Napoleón e o seu Lugartenente en España, na madrugada do día 4 de maio de 1808, fuxiu cara a Baiona a lume de carozo, abandonando as súas funcións de presidente da Xunta Suprema. Ao fuxir, o infante deixou unha carta ao decano da Xunta, Gil y Lemos, na que dicía:
No escaso tempo en que o infante Antonio exerceu a presidencia da Xunta Suprema (do 10 de abril ao 3 de maio) tomou algunhas decisións extravagantes que sorprenderon a varias xeracións de historiadores. Por exemplo, decretou que os empregados públicos andaran na punta dos pés por corredores e despachos dos seus departamentos para non distraer o traballo dos seus compañeiros, que os selos en seco de papel que se fixaban nos documentos, que eran redondos, fosen cadrados para que no recordaran ás Sagradas Formas, e que os calvos conservaran posto o sombreiro nos seus lugares de traballo (non considerou o infante que debera explicar os motivos desta última ocorrencia.
Presidencia de Murat
miniatura|O xeneral Joachim Murat, cuñado de Napoleón, Mariscal de Francia, Príncipe do Imperio, Gran Duque Berg, Lugartenente de Napoleón en España (1808), Rei de Nápoles (1808).
Murat entrou en España en 1808 co rango de comandante do exército e gobernador de Madrid. Como tal, viviu como protagonista o levantamento do 2 de maio, verdadeira revolta popular antifrancesa que el reprimiría pola brava: ordenou disparar á multitude que se congregaba ante o Palacio Real e despois enviou ás tropas que se encontraban fóra de Madrid para que ocuparan a capital e sufocaran o levantamento. Deu instrucións para levar a cabo un castigo exemplar durante os días 2 e 3 de maio, incluíndo numerosos fusilamentos sen ningún tipo de xuízo. Finalmente, elaborou un detallado informe que sería enviado a Napoleón, que se encontraba en Baiona reunido co rei Carlos IV e o seu fillo Fernando; en dito informe analiza os feitos con tal crueza que Napoleón culpa a pai e fillo do derramamento de sangue e exix a abdicación de ambos os dous.
Cando o infante Antonio Pascual saíu de Madrid o 4 de maio, Murat presentouse na Xunta Suprema para pedir formar parte dela, recibindo unha negativa inicial; pero volveu presentarse sorpresivamente outra vez, nunha reunión na noite, e os restantes membros, querendo evitar males maiores, aceptárono.Gazeta de Madrid de 10 de maio p. 442.
O 6 de maio a Xunta recibiu un decreto datado o día 4 polo que Carlos IV nomeaba a Murat como Lugartenente do Reino para que gobernara no seu propio nome (do rei Carlos),Gazeta de Madrid de 13 de maio pp. 457 e 458. en virtude da autoridade que outorgaba a protesta da renuncia ao trono do 19 de marzo; e o 10 de maio recibiu os decretos de 5 de maio de convocatoria de Cortes e de traslado da Xunta a lugares seguros, e o de 6 de maio de renuncia de Fernando VII, que revertía os seus dereitos no seu pai Carlos IV.Gazeta de Madrid de 13 de maio pp. 458 e 459.
A Xunta Suprema decidiu ignorar os de 5 de maio e publicar o de renuncia do 6 de maio. Porén, dado que Carlos IV xa renunciara, de novo, á coroa, Murat quedou como Lugartenente dun Reino sen rei, cuxos dereitos ostentaba o emperador dos franceses até o nomeamento dun novo rei (como o apreciamos nun decreto do 25 de maio).Gazeta de Madrid de 3 de xuño p. 530
Murat, aproveitando a ocasión, chegou a propoñerse como candidato a rei e, de feito, comportouse como tal até que Napoleón designou o seu irmán Xosé, aínda que o consolaría dándolle, o 15 de xullo de 1808, o trono de Nápoles, que deixaba vacante Xosé,Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara, pp. 9-11. e que ocuparía co nome de Joachim I Napoleón.Memoirs of the life and adventures of colonel Maceroni
España estaba, pois, nese momento, en interregno (termo que aparece no decreto de 6 de xuño proclamando a Xosé I rei de España).Gazeta de Madrid de 14 de xuño p. 568.
Unha vez conseguidas as renuncias reais e a submisión das autoridades, en maio, Napoleón, depositario dos dereitos do Trono, encomendou ao Lugartenente do Reino e á Xunta Suprema de Goberno a convocatoria dunha Deputación xeral ou Asemblea de notábeis, de 150 persoas, que se reuniría en Baiona para tratar do estado do reino de España.Gazeta de Madrid de 24 de maio pp. 491, 492, 493, 494, e 495.
miniatura|Napoleón I no seu trono imperial. Retratado por Ingres en 1806.
E o 25 de maio o propio Napoleón lanzou unha proclama aos españois na que indicaba que non ía a reinar en España, confirmando a convocatoria da Asemblea de notábeis en Baiona e, de paso, confirmando no seu posto a Murat.
O 6 de xuño, ditou un decreto no que nomeaba ao seu irmán Xosé como rei de España. Ao día seguinte, Napoleón pediulle ao seu irmán, que acababa de chegar a Baiona, que aceptara a coroa. Alí foi recoñecido como tal polas autoridades españolas presentes. Xosé aceptou a coroa o 10 de xuño, e confirmou a Murat como Lugartenente do reino.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Artola, Miguel (1973): La burguesía revolucionaria (1808-1869). Historia de España Alfaguara V. Madrid: Alianza Editorial / Alfaguara. ISBN 978-84-2062-046-7. Artola, Miguel (1977): La guerra de la indpendencia. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-6702-624-5. Artola, Miguel (2008): La España de Fernando VII. Madrid: Espasa-Calpe. ISBN 978-84-6702-918-5. Aymes, Jean-René (2009): La Guerra de la Independencia en España (1808–1814): calas y ensayos. Madrid: CSIC / Ediciones Doce Calles, S.L. ISBN 978-84-00-08858-3 (CSIC) / ISBN 978-84-9744-091-2 (Doce Calles). Google books. Conde de Toreno (2008): Historia del levantamiento, guerra y revolución de España (1807-1814). Tomo I (1807-1808). Ed. de J. M. Martínez Valdueza. Astorga, León: Editorial Akrón. ISBN 978-84-936293-4-2. (A 1ª edición foi publicada en París, en 1851). Moliner Prada, Antonio (ed.) (2007): La guerra de la independencia en España, 1808–1814. Nabla Ediciones. ISBN 978-84-9359-262-2. Sánchez Mantero, Rafael (2001): Fernando VII. Borbones, 6. Madrid: Arlanza. ISBN 84-95503-23-9.
Outros artigos Tratado de Fontainebleau Abdicacións de Baiona Xunta Suprema Central
Categoría:Guerra da Independencia española Categoría:Historia de España