Despicable Me 2 é un filme de animación estadounidense dirixido por Pierre Coffin e Chris Renaud que se estreou no 2013. É a secuela do filme de 2010 Despicable Me. Producido por Illumination Entertainment e distribuído por Universal Pictures, o guión é obra de Cinco Paul e Ken Daurio.
Sinopse Agora que Gru deixou atrás a súa vida de malvado para criar a Margo, Edith e Agnes, dispón de moito tempo libre para desfrutalo con elas, o Doutor Nefario e os minions. Pero, xusto cando comeza a adaptarse ó seu papel de home de familia, unha organización mundial ultrasecreta adicada á loita contra o mal chama a súa porta. Xunto coa súa nova compañeira de aventuras, Lucy Wilde, Gru terá que descubrir quen é o responsable dun espectacular e malévolo plan e levalo ante a xustiza.
Personaxes Steve Carell como Felonius Gru Kristen Wiig como Lucy Wilde Benjamin Bratt como Eduardo "El Macho" Perez Miranda Cosgrove como Margo Dana Gaier como Edith Russell Brand como Dr. Nefario Ken Jeong como Floyd Eagle-san Steve Coogan como Silas Ramsbottom Moisés Arias como Antonio Perez Nasim Pedrad como Jillian Kristen Schaal como Shannon Pierre Coffin como Kevin the Minion Chris Renaud como Voces de minions, minions malvados e chef italiano Vanessa Bayer como Azafata de voo
Galardóns e nomeamentos 2013: Premios Oscar: Nomeado a mellor filme de animación e canción orixinal. 2013: Globos de Ouro: Nomeado a mellor filme de animación. 2013: Premios BAFTA: Nomeado a mellor filme de animación. 2013: Premios Annie: 9 nomeamentos, incluíndo mellor filme. 2012: Critics Choice Awards: Nomeado a mellor filme animado e mellor canción. 2013: Satellite Awards: Nomeado a mellor canción orixinal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en Metacritic Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2013 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Pierre Coffin Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX