El Brigantino foi un semanario editado en Betanzos entre 1888 e 1889. Historia e características Apareceu o 21 de decembro de 1888, dirixido por Jesualdo Martínez Santiso. Entre os seus colaboradores figuraron José María Montes, Manuel Martínez Santiso, José Alguero Penedo, Hermenegildo Pasilde e Francisco Javier Martínez Santiso. A mediados de 1889 engadiu o subtítulo Periódico de intereses generales que algúns números despois transformouse en Bisemanario de intereses generales. Cesou a súa publicación en 1889.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Hemeroteca virtual de Betanzos arquivo municipal.
Categoría:Prensa escrita de Betanzos Categoría:1888 en Galicia