Roma Quadrata (en galego, 'Roma cadrada'), foi o nome que lle deron ao conxunto de aldeas latinas, etruscas e sabinas que vivían na beira do río Tíber e que formaron o que máis tarde se había chamar Roma. Esta cidade formouse no século -VIII aínda que a lenda a sitúa o 21 de abril de -753, data que marcaba o ano 1 do calendario romano. Tamén conta a lenda que a cidade foi fundada por Rómulo e Remo, matando o primeiro ao segundo, converténdose así no único soberano.
Porén, outros autores, a medio camiño entre a lenda e a realidade histórica documentada arqueoloxicamente, dan á Roma Quadrata outras tres definicións diferentes: a primeira corresponderíase con todo o outeiro do Palatino, como refiren Plutarco,Plutarco, Vida de Romulo, 9, 4. Dionisio de HalicarnasoDionisio de Halicarnaso, Antigüidades romanas, I, 88, 2. e Apiano,Apiano, Sobre os reis de Roma, fr. 1–9. a segunda, a unha restrinxida zona monumental, limitada á área de Apollinis (zona do Templo de Apolo Palatino), que ocupaba unha pequena parte do PalatinoOvidio, Fastos, IV, 823–824.Festo, De verborum significatu, 310 L. e unha terceira, a un foxo (probabelmente non chegase a murus terreus), que rodeaba o Palatino.Andrea Carandini, Roma, il primo giorno, Roma-Bari, Laterza, 2007. Notas
Categoría:Roma Categoría:Cidades da Roma antiga Categoría:Sitios arqueolóxicos da Roma Antiga